James Rhodes é un coñecido pianista inglés que vén de publicar Instrumental, unha autobiografía intensa que narra atroces experiencias vitais. A primeira de todas elas, a violación da que foi vítima aos cinco anos, e durante varios máis, a mans dun mestre de ximnasia, orixe de moitos males posteriores que o aflixiron: alcolismo, drogas, paso por psiquiátricos, cinco intentos de suicidio, perda da custodia do fillo… Desa viaxe ao inferno Rhodes consegueiu saír a flote grazas á música, que co seu poder feiticeiro serve de táboa de náufrago a un home que ama a vida e que está disposto a denunciar as situacións de violación ao tempo que busca achegar ao gran público autores como Bach, Beethoven, Chopin, Ravel...
