Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ao pé dos curtidoiros

Crónica dun patrimonio en perigo

Ao pé dos curtidoiros

Galicia desenvolveu unha intensa actividade industrial nos séculos XVIII e XIX: velaí están as fábricas de salga, as ferrerías tradicionais, a Real Fábrica de Sargadelos da man do ilustrado Raimundo Ibañez, os estaleiros de ribeira, os batáns e os teares familiares de liño, as telleiras e serrarías espalladas por toda a xeografía galega e os curtidoiros, a maioría das veces baixo a forma de organización empresarial que adoito se denomina ‘domestic system’ -aínda que a fábrica de Sargadelos adoptaba a forma dunha manufactura estatal-. Neste sentido, na Galicia ilustrada existía un desenvolvemento industrial semellante ao que se estaba a producir en Inglaterra e noutras rexións do que hoxe é Francia, Italia ou Alemaña, aínda que por diversas razóns non foi quen de promover un proceso de industrialización semellante ao que tivo lugar noutras rexións europeas (sinaladamente Inglaterra). Quizais, porque cando tivo lugar a revolución industrial foi serodiamente e capitaneada por unha burguesía foránea, moitas das instalacións industriais dese tempo ilustrado, quedaron ocultas baixo unha densa néboa que impedía a súa visualización malia que estivesen aí, ao noso carón.

Todas esas instalacións, ás que sobreviviron até os nosos días, constitúen un patrimonio singular abandonado por todo o territorio que cómpre recuperar e estudar. Ese é o obxectivo que acometeu Claudio Otero Eiriz na súa obra A industria dos curtumes, na que analiza os curtidoiros como patrimonio arquitectónico e tecnolóxico, distinguindo diferentes paisaxes (en ringleira, a aldea fábrica e a mixta industrial agraria) e mais a memoria do traballo dunha actividade que consistía en transformar a pel en coiro.

OTERO EIRIZ, C., A industria dos curtumes, Santiago, Laviovento, 2020, PVP. 23,70 €

Compartir el artículo

stats