Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Da vida e da morte

No imaxinario compartido

Da vida e da morte

Nestes Once contos peregrinos de Vanessa Fernández hai unha dobre peregrinación: a dos propios contos que pasan de xeración en xeración, ata os destinatarios, que en boa medida son os peregrinos a Santiago, dos que tratan de ser compañeiros de camiño. O fío que os tece son as crenzas e ritos máis atávicos de Galicia: O Facho do Castro, o Diaño das Pontes de Gatín, os cambións, a Romaxe de ultratumbra en San Andrés de Teixido, o lobishome de Esgos, a Santa Compaña, o santo Graal do Cebreiro, ou as meigas do Morazo. Estas, poño por caso, refírense ás mulleres de Cangas tralo asalto, en 1617, dos piratas berberiscos á aldea, que quedaron vivas: as máis vellas do lugar e as máis incapacitadas, que foron chamadas herexes, blasfemas, idólatras, sacríleas, feiticeiras, encantadoras… e meigas de Coiro; transformadas logo en Bruxas do Morrazo trala masacre dos corsarios turcos. Entre elas destaca María, que se fixo cargo de sete nenos desamparados, e que no ataque perdeu á súa filla Rosiña, que levaba ao colo unha cadea cunha medalla de ouro. Tan meigas foron que, ao pouco, un mar moi bravo fixo naufragar unha frota de barcos piratas, chegando á costa multitude de bens: alfaias, vaixelas, armas, moedas… e tamén unha cadea de ouro… a de Rosiña.

Son mitos, lendas herdadas e transmitidas, superticións, sentimentos profanos e tamén relixiosos, a vida e a morte, o máis alá como misterio, o amor, o medo, a compensación, o distorsionamento máxico, no mundo da aldea, entre festas e crenzas, laxetando en todos o imaxinario compartido en Galicia, patrimonio inmaterial, e que traducido tamén ao inglés, trata de ir máis aló para o seu espallamento entre os visitantes universais a esta terra.

FERNÁNDEZ, Vanessa, Once contos peregrinos, Toxosoutos,Noia, 2020, PVP. 12 €

Compartir el artículo

stats