Co cartel “Non es demasiado pequeno para facer cousas grandes”, que Greta Thunberg amosa en cada unha das súas manifestacións públicas, como subtítulo presenta Rinoceronte Editora A historia de Greta, unha biografía non oficial da moza sueca que ten feito das súas protestas o eixo fundamental da súa existencia: ela á cal, a priori, se lle supoñen certas dificultades comunicativas -que vence e supera, porén, grazas ao espíritu afouto que a leva a perseverar nas súas ideas- estase a converter nunha icona da loita para mozos, e tamén para maiores, ao difundir, alí onde teña oportunidade, o seu desacordo co proceder dos Estados ante o un problema global que afecta xa a todo o planeta e que pode conlevar consecuencias catastróficas para a supervivencia da propia Humanidade.
