Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Palabras de D. Ricardo

Discursos para un país

Palabras de D. Ricardo

Palabras de D. Ricardo

Se o volume que vén de editar o Parlamento de Galicia sobre a faceta de orador de Ricardo Carvalho Calero destaca polo coidado da súa forma, o seu contido tanto o que ten a ver coa edición, introdución e notas de García Negro, coma os textos dun dos mellores polígrafos que deu Galicia zumega erudición no sentido amplo da palabra, entendida esta como saber profundo e multiperspectivista.

A claridade nos plantexamentos, a profundidade do seu pensamento e a exhibición do seu intenso coñecemento das realidades das que fala fan dos seus discursos auténticos tratados dignos de ser tidos en conta á hora de analizar non só os produtos literarios aos se refire senón tamén cando intentamos interpretar as claves do noso sistema literario e a orientación de cara ao futuro.E sorprende, ademais, a actualidade das súas palabras e o razoamento que realiza dos seus postulados non sempre aceptadas, pero non por iso menos certos ou veraces.

O Discurso de ingreso na Real Academia Galega no que, logo do saúdo inicial e a referencia ao porqué da escolla de dita temática, diserta acerca da contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía de Castro achega unha visión integradora e omnímoda que universaliza, se cabe aínda máis, a obra da insigne poeta. O mesmo fai coa figura de Cabanillas na que, salvando as distancias enxalza e realza a face menos coñecida ou menos visible do cambadés e explícaa aludindo á súa mestría no uso da palabra e ao seu polifacetismo cunha fermosa metáfora ‘pulsou todas as cordas da lira’.

Outros grandes como Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo ou Castelao son motivo de eloxio por parte do ferrolán que aproveita calquera oportunidade que as circunstancias lle deparan para amosar a riqueza non só literaria senón tamén ideolóxica dos seus coetáneos. E como non podía ser doutra forma nestes discursos e leccións a lingua como ferramenta, como medio e como fin en si mesma foi tema sobranceiro da súa oratoria e por ende da súa análise tendo a procura da autenticidade da lingua no seu horizonte.

Para rematar unhas verbas de agradecemento da súa filla María Victoria pechan un volume no que se aprecia ‘o uso da palabra pública elevado ao seu máis alto nivel de calidade e erudición’ de Don Ricardo.

GARCÍA NEGRO, P., Ricardo Carvalho Calero. Orador, Parlamento de Galicia

Santiago, 2020, PVP. S/P

Compartir el artículo

stats