Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O avariado metaverso

Retornar aos valores

O avariado metaverso

Despois de Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma (Xerais) da que demos conta no seu momento nestas mesmas páxinas, o polifacético Antón Reixa volve á actualidade literaria con nova entrega: Melancoholemia. Vida de Mamarracho, esta vez da man de Kalandraka. Digamos que, xa desde o punto de partida inicial, unha xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental, e despois de nos avisar que esta historia non é unha experiencia autobiográfica, o personaxe único se nos presenta como un ser patético e sen personalidade que percorre lugares e tempos insólitos desde os restos do naufragado submarino soviético Kusk, figuras de Giacometti, O xardín das delicias do Bosco ata a antiga Suevia galaica, introducindo elementos da cultura contemporánea como coñecidísimas marcas comerciais actuais (entre elas as do grupo Inditex ou Coca Cola), iconas do patrimonio histórico e cultural galego ou mesmo personaxes famosos de cómic (El Jabato).

A ironía e o humor, recursos tan presentes en Reixa para filtrar a súa crítica social, reaparecen nun submundo que se move entre a realidade e a ficción (un boneco-sinal do WC de homes pregúntalle a Mamarracho-Persoa: “se lle tiramos unha foto a un cadáver e sae movida, quen ten a culpa? O fotógrafo ou o cadáver?”). Todo isto constrúese nun texto ou proxecto literario xa levado a escena, que conxuga a prosa, a poesía e a fotografía, seleccionada por Antonio Segade, que esvae de novo a fronteira entre os xéneros literarios.»

Quizais as nosas vidas, como di Reixa, ao final non veñan ser outra cousa máis que un fracasado SECOND LIFE onde nos convertemos nun avariado metaverso e onde só poderemos atopar salvación na volta aos valores de noso.

REIXA, Antón, Melancoholemia, Faktoría K, Pontevedra, 2020, PVP. 13, 30

Compartir el artículo

stats