Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ser tidos en conta

Da importancia dos xestos cotiáns

Ser tidos en conta

Na colección "Demademora" de Kalandraka Editora vén de publicar Marina Núñez o seu conto Atrapamiradas no que as ilustracións de Avi Ofer interpretan dunha forma singular o desexo de Vera de atopar unha solución a súa teima de captar as miradas dos adultos, empresa que se lle antolla moi complicada porque nin sequera na casa consegue aquilo que lle ronda no maxín e que a ten verdadeiramente preocupada, claro que sempre haberá alguén que, vendo máis alá do que ten diante e escoitando os latexos do corazón, está disposta a axudar á neta na súa procura de atención.

A proposta plástica con característicos trazos quebrados e repetidos, isto é, con liñas seguidas unhas tras outras varias veces e tamén irregulares superpostas unhas a outras, permite unha lectura paralela do texto que vai máis alá do significado superficial das palabras e afonda na importancia que cobran xestos cotiáns, a miúdo, perpetuados na espiral do día a día e que non reparan na verdadeira esencia do realmente trascendente. Nun mundo no que a imaxe acapara a atención e na que os dispositivos tecnolóxicos veñen ser unha prolongación das nosas extremidades, descóidase aquilo que fai feliz ao swer humano: ser tidos en conta, que nos vexan e nos miren cos ollos e co corazón e iso é o que reclama e consegue a protagonista da historia dirixida aos cativos que han ir analizando e interiorizando que sucede ao seu redor porque todo axuda no prolongado e nada doado proceso de formación.

NÚÑEZ, Marina, Atrapamiradas (ils. Avi Ofer), Kalandraka, Pontevedra, 2020, PVP. 12, 35 €

Compartir el artículo

stats