Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Con rango de lei

A Lei 5/2006 do 30 de xuño para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos establece no seu art. 1: "Declárase prioridade de interese xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a conservación do patrimonio natural fluvial, que inclúe a biodiversidade da flora e da fauna dos ríos galegos, así como o patrimonio etnográfico e histórico-cultural relacionado". A maiores, o seu art. 2 di dos ríos e do seu patrimonio cultural: "2. Declárase, así mesmo, obriga das administracións públicas galegas garantir a súa protección, conservación e mellora."

Por último a Lei 5/2016 do 4 de maio do Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo 91, protexe entre os bens que integran o noso patrimonio etnolóxico (apartado C) "os batáns e os muíños de río, de mareas ou de vento tradicionais, incluída a infraes¬trutura hidráulica necesaria para o seu funcionamento". Así é, sen as presas, calzadas e pesqueiras os muíños non terían moído nunca, polo que a súa existencia ? como a da canle ou levada ? foi imprescindible para facer virar a moa que permitiu cocer o pan dos nosos devanceiros. Conservémolas para non esquecer.

Compartir el artículo

stats