Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pensar en tempos de crise

Contra a barbarie

Pensar en tempos de crise

Pensar en tempos de crise

O ben coñecido filósofo esloveno Slavoj Žižek vén de publicar un libro ad hoc sobre o Covid-19, que de xeito rápido traduciu Carlos Armerich e que acaba de editar Galaxia nun momento no que a pandemia segue a manter desacougado o planeta. Trátase dun breve ensaio, escrito cunha densidade semántica ao alcance da gran maioría, que parte da idea hegeliana de que os humanos non aprendemos nada da Historia e, xa que logo, non imos saír máis sabios desta crise con profundas consecuencias socioeconómicas, psicolóxicas e que afectan tamén as liberdades dos cidadáns, o que está a provocar moitas contestacións contra o control exercido polo Estado. Nalgúns casos, estas protestas teñen o mesmo alento irracional dos terraplanistas.

Para Žižek, a saída a esta gran crise obriga a tomar medidas que cuestionan o capitalismo e conducen cara a unha forma de comunismo, xa que sen solidariedade, regulación e primacía da acción racional pensada para a maioría non é posible atopar unha solución adecuada a un mundo interdependente, globalizado e desigual. Lembra este filósofo marxista lacaniano que unha nova forma de gobernanza é precisa, e xa nestes momentos o propio Trump ten que tomar medidas como a Renda básica universal ou se producen casos de colaboración entre xudeus e palestinos. Fronte á barbarie, a ética esixe protexer aos anciáns e aos débiles. A saída a esta situación de pánico debe plantexar unha Nova Orde Mundial, co horizonte de mellorar os problemas ecolóxicos e que sexa quen de impedir un capitalismo salvaxe vencellado a baixos salarios, control dixital e sacrificio dos débiles e idosos.

Žižek, Slavoj, Pandemia.A covi19 sacode o mundo, Galaxia, Vigo, 2020, PVP. 9, 40 ?

Compartir el artículo

stats