Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Homenaxe á palabra

Todos os pobos saben cantar

Homenaxe á palabra

Fina Casalderrey e Néstor Blanco son os creadores de Lingua guapa, un audiolibro no que texto e música homenaxean a palabra. As verbas fanse expresión e as notas musicais convértense en melodía para o disfrute de pequenos e maiores que percibirán na simbiose unha extraordinaria forma de construír un universo máxico no que se dan a man sensacións, emocións, historia e historias.

As palabras como sons significativos que permiten a comunicación de conceptos invitan, nos catorce poemas que escritora e músico elixiron para o seu volume, a cantar e contar e logo dos agradecemntos e dun affettuoso pórtico óbrase a maxia: unhas citas literarias dan paso aos poemas que presentan temática diversa e que tentan prender na memoria dos lectores/ouvintes e golpear no peito para producir unha sensación gozosa. Así, ademais da composición Lingua guapa coa que se inicia o poemario, hai outras nas que o silencio azul propicia a reflexión, o sapo expresa os desexos dunha nena, a chuvia verniza o chan ou un mundo, primeiro louco no que todo se atopa deliciosamente alterado e, ao final, ideal, onde non hai nin ceos toldados, nin versos calados, nin pobos mancados, nin contos borrados pechan a serie.

O poema co seu contido, a súa rima, o seu ritmo alíase neste audiolibro coa música, sons e silencios, e desta estreita relación que as enlaza e as funde xorde un enriquecemento que a cultura popular ten enxalzado dende o principio dos tempos -todos os pobos saben cantar- e que permite unha recepción sensacional por parte de lectores e ouvintes.

CASALDERREY, Fina/BLANCO, Néster, Lingua guapa (ils. L. Cobo), Galaxia, Vigo, 2020, PVP. 20 €€

Compartir el artículo

stats