Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xeitos de conto clásico

A derradeira aventura de Docampo

Xeitos de conto clásico

Xeitos de conto clásico

Os herdeiros de Xabier P. Docampo permitiron a Kalandraka Editora publicar un texto inédito do rabadense do que poderán gozar pequenos e maiores xa que o relato, que cumpre os canons do conto clásico, prende no maxín dos lectores polas reminiscencias pictóricas de A illa dos mortos do suízo Arnold Böcklin, un das obras máis inspiradoras de todos os tempos no eido da arquitectura, da música, da literatura, do anime e mesmo do cinema e que á súa vez mantén referencias mitolóxicas co barqueiro Caronte.

O espazo, un castelo; os personaxes, un rei malvado, unha fermosa raíña e un pintor; a trama, inmortalizar tal beleza e o trasfondo, un namoramento tan forte que resiste o paso do tempo e as adversidades. Logo a palabra precisa, as asociacións sinestésicas, o vocabulario coidado e a capacidade evocadora do narrado encárganse de transportar o lector a un mundo de ensoñación onde é posible imaxinar tenros sentimentos na escuridade máis profunda ou acompasar coa música o xesto máis inocente.

No que se deu en chamar a derradeira aventura de Xabier P. Docampo, fantástico contador de historias, xogan un papel fundamental as ilustracións de Xosé Cobas e nas que a alianza texto-imaxe non podería estar mellor artellada; a palabra dálle a man ao trazo suave para percorrer xuntas e separadas o labirinto deseñado pola fascinación e o sentimento e que son quen de manter o interese do lector ata a ultima páxina. As cores e os perfís pola súa parte obran a maxia e reafirman o carácter sinxelo e elegante da pluma do desaparecido Docampo.

DOCAMPO, Xabier P., O pintor dego (Ils. Xosé Cobas), Kalandraka, Pontevedra, 2020, PVP. 14, 25 ?

Compartir el artículo

stats