Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Bartleby en Vigo

Desde o noso punto de vista calquera actuación "artística" sobre o medio urbano precisa dunha análise "elementalista". Enténdase "elemental" no sentido de "elemento", de esencia física da obra de arte e das súas circunstancias. Precisamos, no espazo urbano, obras "elementais" no sentido de xogaren con unidades formais puras e estruturalmente simples e crearen relacións entre unidades, é dicir, na vontade de ordenar dinamicamente o espazo, ou mesmo cuestionalo desde un diálogo elaborado, nada para o que unha obra como a comentada pode servir.

Da mesma forma que no mundo arquitectónico, calquera acción monumental debe ser entendida desde unha ordenación consciente, que preste atención a unidades "elementais" que dialoguen por medio dun alfabeto plástico.

Mais non ten, desde logo, a nosa reflexión ningunha vontade de dirixismo. Do que si temos a convicción é de que, en todo caso, calquera achegamento ao medio urbano debe ser froito dunha intensa meditación sobre o medio e o seu papel na sociedade concreta en que se quere insirir; de non ser así, a recomendación sería seguir o modelo do personaxe de Bartleby, o escribán de Herman Melville: "I would prefer not to" ("Preferiría non facelo"), que prefere a inacción, se cadra, porque ten unha extrema consciencia e sabe perfectamente onde se encontra.

Compartir el artículo

stats