Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dureza e sensibilidade

Fermosa, dura, complexa

Dureza e sensibilidade

Esplanadi, selo de Rinoceronte Editora que publica os títulos tamén en castelán, e que de momento vai, con este, polo quinto volume, caracterízase, como a matriz e tal vez máis, pola calidade das publicacións, pola coidadosa selección e pola tradución. E dentro dese moi alto nivel, poida que esta sexa a mellor das publicacións ata o momento; trátase, daquela, de O libro da perda e o esquecemento, traducida ao galego por Tomás González Ahola, que, esperamos e desexamos, debería ser un éxito editorial e de vendas. Conta co mérito, ademais, de adiantarse ás editorias que de seu publican en castelán.

O libro vén ser obra da autora finlandesa Marisha Rasi-Koskinen (Jyväskylä, 1975), e non é a primeira obra de orixe finesa publicada por Rinoceronte. Dúas notas deben terse en conta: unha, que a literatura nórdica é pode resultar en certos aspectos bastante forte para a nosa sensibilidade, polas particularidades climáticas e sociais; outra, que a autora é psicóloga, experta en tratamento de persoas necesitadas, e que tales circunstancias deixaron unha fonda pegada na súa escrita. Debemos esperar, pois, que imos introducirnos nos mundos interiores de personaxes complexos.

A histora da narración é dobra, é unha historia en dúas, ou dúas historias nunha, cheas de dureza pero tamén de moita sensibilidade. Comeza cun prólogo e remata cun epílogo que, en esencia, veñen ser o mesmo: "Se chegase agora vería o mesmo. Os salgueiros e o bosque [?]", veñen ser o regreso circular ao mesmo punto de partida, a viaxe rotativa, en que todo muda e nada cambia, a través de dous personaxes, Julia e Jan? Obra fermosa, dura e complexa, recomendable sempre

RASI-KOSKINEN, Marisha, O libro da perda e o esquecemento, Esplanadi, Cangas, 2020, PVP.18 ?

Compartir el artículo

stats