Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pau Donés

Loitaba contra o cangrexo, dicía el. Unha loita que viña librándose dende o ano 2015 cando Pau Donés anunciou que padecía a enfermidade, nun acto de normalización desta até que, infelizmente, a peor das novas chegaba hai uns días, apenas unhas semanas despois de presentar o seu derradeiro videoclip. Gran consternació e infinidade de mostras de cariño e respecto, sobre todo nas redes sociais, para un músico que fixo da sinxeleza a súa bandeira, firmando unha carreira ateigada de cancións que funcionan coma perfectos engrenaxes dentro dun motor no que todo resulta poeticamente cotián, cercano e familiar.

Porque Pau Donés deixounos retrousos de lírica doméstica e cercana e tamén de certeira puntería con esa voz medio falada medio cantada e sempre carente de apuros. Músicas que acadaron eses lindes da atemporalidade social coa aparente virtude dos que saen na foto sinxelamente por pasar naquel momento preciso por alí, sen maquillaxe nin traxe de domingo pero coa fermosa fotoxenia dos ben escollidos. As súas cancións caían ben, claro que si, igual que el caía ben despachando sempre grandes doses de enerxía positiva e honestidade a cachón. Lembro unha entrevisa, non sei en que programa de televisión, na que cando lle preguntaron polos seus plans de futuro dixo algo así como: "seguir vivindo todo canto poida e estirar ben o presente xa que o futuro non sei se existe". O malo foi perder a batalla; o bo foi velo plantando cara. Os discos quedan aí ao igual que esa lembranza caralluda de músico e tipo dos que merecen moito a pena. Moita xente chorando a súa partid e absolutamente todos e todas cantando aquilo de "si salgo corriendo, tú me agarras por el cuello, y si no te escucho, Grita" ou a sempre recurrente en toda boa conversa "depende, de que depende? de según como se mire todo depende" ou aínda facendo conxecturas sobre aquel tan apetecible bic dunha fraca que ao Donés tanto lle encantaba.

Compartir el artículo

stats