Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Demo Editorial

Demo editorial é una iniciativa que nace en 2008 da man do artista Manel Cráneo (A Coruña, 1973) e que rapidamente se converteu nun proxecto editorial. A intención inicial é ofrecer unha alternativa á autoedición e publicar autores galegos en lingua galega, potenciando a visibilidade destes, especialmente cando se trata de temáticas patrimoniais, aínda que non de forma excluínte.

Contan coas coleccións "Castelao", formada por títulos relacionados coa figura do ilustre; "HäinöS", historietas de ciencia ficción e fantasía; "Eumedievo", historias e lendas da Galicia Medieval así como proxectos divulgativos; "Demográfica", obras cun maior peso na parte gráfica; e "BDG13", volumes recompilatorios de autores desta xeración, ademais de títulos fóra das coleccións. A súa liña editorial busca tamén rescatar e potenciar a clásicos do panorama galego.

Foron gañadores de tres certames do Concurso Castelao de Edición da Deputación de A Coruña e do Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa en 2011

Compartir el artículo

stats