A intriga é un valor seguro
Trepidantes páxinas

A intriga é un valor seguro
Pilar Ponte
O fenómeno literario Dolores Redondo está de volta. A gañadora do premio Planeta 2016, Todo isto che darei, recupera personaxes da Triloxía do Batzán para unha nova entrega trepidante da inspectora Amaia Salazar.
A cara norte do corazón lévanos ata 2005, cando a inspectora viaxa aos EUA como integrante dun programa de intercambio que se realiza na central do FBI en Nova Orleáns. Alí colabora na persecución dun asasino en serie, coñecido como O Compositor, que aproveita as catástrofes naturais para actuar e camuflar os resultados das súas feitorías. Participa no caso grazas ao investigador Dupree do FBI que, do mesmo xeito ca ela, ten contas pendentes que saldar, tanto a nivel laboral coma persoal. A escritora sitúanos nas datas nas que entra en acción o furacán Katrinao que lle permite facer das inclemencias temporais unha personaxe máis de carácter opresivo. Unha situación de devastación material pero tamén persoal.
Estamos a falar, xa que logo, da precuela da Triloxía do Batzán; a volta das aventuras da inspectora Salazar será a trama principal das densas 700 páxinas das que consta a novela. Temos todos os ingredientes aos que nos ten afeitos: a intriga e a sucesión de falsas pistas na investigación, unha estrutura informacional e un clímax coas consecuencias extremas do furacán como pano de fondo.A chamada que Amaia Salazar recibe desde Elizondo desencadea a volta da protagonista ás súas orixes nunha retrospectiva que a leva desde Nova Orleáns de novo á infancia. Este vai ser o punto de unión das tres tramas.
Á trama principal da investigación súmase, daquela, a volta á infancia da protagonista. Unha etapa arrepiante para a Amaia nena e que vén marcada pola difícil relación cos seus pais. Lembranzas que a levan aos medos e a revivir situacións negativas. Neste mundo escuro só atopamos luz a través da tía Engrasi, unha personaxe que xa coñeciamos e que dadas as súas características é moi previsible que continúe a aparecer nas novelas da autora.A terceira trama é a centrada en Aloisius Dupree. Por fin imos coñecer de preto o investigador e a través da súa psicoloxía descubrimos que está marcado polo sufrimento igual que o está Amaia. Esta queda claramente aberta para novas entregas, ou poida que sexa un desexo persoal de saber máis da personaxe.
Non podemos concluír doutro xeito a nosa recensión máis que recomendando a lectura destas trepidantes 700 páxinas escritas de xeito pormenorizado, exhaustivo e cunha narración detallista ao máximo (se cadra algunhas veces un pouco reiterativa, todo hai que dicilo), pero que nos van dar moi bos momentos de pracer nestes tempos, ademais, de reclusión, onde a literatura de intriga é sempre un valor seguro.
REDONDO, Dolores: A cara norte do corazón, Xerais, Vigo. 2019, PVP. 23, 09 ?
Suscríbete para seguir leyendo
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla