Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Suxestivo título

Con rima e con ritmo

Suxestivo título

Xoán Babarro, algúen que conta cunha ben ampla e recoñecida traxectoria no eido da literatura infantil e xuvenil, dvén de dar ao prelo Teño oito anos e quero ser youtuber: sen dúbida, un moi suxestivo título para un libro dirixido aos miúdos e que atrapa a atención moi axiña pola sinxeleza do seu plantexamento inicial, que devén capaz de engaiolar pola coloquialidade coa que se dirixe aos lectores/seguidores e aínda pola rima e ritmo que o autor lles imprime arreo ás palabras.

Os creadores de contidos difunden vídeos de temáticas moi diversas e Antón non quere desaproveitar a oportunidade de contar e compartir o seu presente, as lembranzas do seu pasado e mesmo os seus desexos e inquedanzas con quen queira escoitalo, facendo da súa vida e das súas experiencias unha ventá aberta ao outro, ao mundo e a si mesmo, porque semella que tras a escrita hai algo de catarse, algo nos transforma e nos empurra a tomar consciencia da nosa forma de ver e de enfrontármonos ao que nos rodea.

É un neno de apenas oito anos, pero á súa suposta inocencia leva implícito o desexo de medrar, de facer camiño, de adentrarse na aventura, en novas aventuras para dende aquí lanzar a súa mensaxe en forma de narración xogando coas palabras e cos sentimentos, coas expresións e coas emocións que brotan do interior e que collen forma no maxín para irromper no día a día e apousentarse nos demais.

As ilustracións co trazo característico de Luz Veloso, formas redondeadas e ollos ben abertos cando se trata de captar a realidade, tamén permiten que a lectura sexa amena e agradablemente poética ao combinar tenrura e realidade.

BABARRO, Xoán, Teño oito anos e quereo ser youtuber (ils, Luz Beloso), Galaxia, Vigo, 2019, PVP. 11,70 ?

Compartir el artículo

stats