Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Danés noir

De leis e de almas

Danés noir

Danés noir

O párroco de Vejlby, en tradución do danés de Alejandro Tobar, está considerado por algúns como un relato pioneiro da novela negra ou policial, anterior a Poe, aínda que para outros non é tanto así porque carece da intencionalidade de Os crimes da rúa Morgue, incluídos o misterio e o carácter detectivesco. Mais o que si é certo, en calquera caso, é que o seu autor, Steen Steensen Blicher (1782-1848), párroco e fillo de párroco, pasa por ser o creador da prosa moderna danesa, coas súas numerosas nouvelles, realistas e rigorosas, produto desa tendencia literaria dominante na literatura nórdica no século XVIII.

A obra, que foi publicada en 1829, narra con impresionante precisión un crime conmovedor nunha parroquia, baseándose nunha historia real e tráxica, a do asasinato do irmán dun rico granxeiro, contada a partir do diario escrito polo xuíz que se encargou do caso. Nun principio o suceso conmociona á comunidade, pero, ao dirixirse axiña as sospeitas, por parte do granxeiro, cara ao párroco de Vejlby, reclamando xustiza baseándose en antecedentes de agresión por parte do párroco ao irmán, servente na casa do cura, e crendo que un día, nun arrauto de ira, matouno e deulle terra no xardín, consegue xulgalo e condenalo. Con esta base, e cunha escrita sinxela e precisa, impregnada de relixiosidade, fatalismo e puritanismo, a obra fainos reflexionar sobre cuestións sempre actuais, como a relixión, a pena de morte, a lei, a alma, o dereito ou a xustiza.

Arredor do xuíz, prometido da filla do párroco, créanse de certo moitas situacións intensas. Vinte anos despois, cóntase aínda cal veu ser o devir vital dos implicados? que fará ben en descubrir o lector.

BLICHER, Steen Streensen, O párroco de Vejlby, Ed. Hugin e Munin, Santiago, 2019, PVP. 11 ?

Compartir el artículo

stats