Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Trama superficial

Entre o policial e o western

Trama superficial

Do mesmo xeito que a semana pasada nos referiamos a Red Lion, de María Alonso, como novo membro do xénero negro, o mesmo temos que dicir agora de Deserto García. Trátase dunha historia ao oeste, neste caso da autoría de Jorge Emilio Bóveda, que comparte coa anterior a impartición do ensino do inglés, co que, en certa medida, veñen enlazar os dous, tamén, coa tradición do negro británico, ou máis ben de elementos recollidos daquel, que en certos aspectos se deixa notar en ambos. E todo isto a pesar de que o autor afirma tentar facer literatura allea a etiquetas, cousa que se evidencia en composicións estrañas e en certa medida fantásticas na súa xa non pequena obra literaria.E, en efecto, a novela sitúase a medio camiño entre a novela policíaca e a narrativa do xénero western, e nela podemos percibir os trazos antes adiantados: ficción e fantasía, retrato real dunha realidade social cruel desposuída das características máis humanas.

Un garda civil retirado, Desiderio García, volve á casa familiar, nun lugar remoto chamado Loirás, querendo afastarse do pasado. A súa chegada non senta ben no lugar, en declive poboacional e avellentado, onde non é ben recibido, onde se sente vixiado e mesmo acosado, tanto como para durmir coa pistola á man.

O novo habitante desequilibra a monotonía do lugar, que ten como centro a tenda-bar, desde onde vai e vén a vida social e noticieira, á que non se quere incorporar Desiderio, que prefire habitar o seu propio deserto, aillado dos demais, desequilibrando a aldea, verdadeira protagonista, en declive habitacional. Diálogos esvaídos, capítulos abreviados, personaxes a medio definir, unha trama superficial? todo disposto para que descubras as intrigas e enredos que acontecen ao longo da novela,

BÓVEDA, Jorge Emilio, Deserto García, Ed. Galaxia, Vigo, 2029, PVP. 14, 70 ?

Compartir el artículo

stats