Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Páxinas dun referente

Nova entrega de Grial

Páxinas dun referente

Que Grial é un referente das revistas culturais galegas é unha cuestión indiscutible. Na procura de semellante habilidade xogan un papel importantísimo as persoas que dedican o seu tempo e o seu esforzo en estudar, investigar, explicar e/ou analizar con detemento autores, obras, contextos, circunstancias, espazos e tempos que teñen rodeado e envolven calquera tipo de produto cultural.

Pois ben, neste número da revista dedicado á figura e obra de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, no que se recollen seis artigos inéditos da filóloga recentemente desaparecida, comprobamos que o seu labor minucioso e rigoroso ha de contribuír ao coñecementro de feitos literarios como a proxección da Materia de Bretaña na literatura galega contemporánea na que fai un percorrido polas obras de Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, X.L. Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana ou Begoña Caamaño. Tamén deitou a súa ollada nos seis poemas galegos atribuídos a García Lorca ou así mesmo na relación literaria entre Eça de Queiros e Rosalía de Castro. Constité todo un luxo, desde logo, podermos aproveitar agora os seus estudos e a súa visión.

Ademais atopámonos neste volume outros artigos destacados como os que se refiren 'O conto da posverdade' de Carlos Fernández, onde se analiza o fenómenos das fake news; 'O espello das letras', onde varios críticos achegan os seus comentarios sobre libros publicados recentemente -velaí Beleza vermella, Infamia, Sándalo ou Historia da Literatura Galega IV entre outros- e mesmo dous artigos que nos transportan a Timor-Leste e abordan a cuestión lingüística e sociolingüística enter Portugal e a illa, internacionalizando así a revista, o que supón unha riqueza extraordinaria.

VVAA, Grial. Revista Galega de Cultura, Ed. Galaxia, Vigo, 2019, PVP 12 ?

Compartir el artículo

stats