Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Microcosmos literarios

A das prostitutas, rúa da Liberdade

Microcosmos literarios

Microcosmos literarios

Volve á narrativa Lois Alcayde Dans cun brazado de contos nos que se mesturan situacións cotiás, ateigadas de incerteza e personaxes en situacións límite. O relato breve constitúe, sen dúbida un subxénero de iniciación que é bo cando é capaz de contar historias breves e compactas, nas que se focalizan, sobre todo, os sucesos e detalles máis salientables verbo da historia, dos personaxes ou do espazo onde ten lugar a historia.

Esta é unha escolma, entón, de contos urbanos, cuxas historias acontecen na cidade herculina, -algunhas en Madrid-, e cuxas tramas deveñen moi variadas. En case todas elas, os protagonistas ven alustrado o seu vivir cotián por acontecementos fortuítos, algúns incontrolables e outros que forman parte da vida de todos os días: así atopamos o encontro emocionado dunha nena e o seu avó, que ten na súa memoria a "orografía do medo"- ; as fendas inesquecibles da Guerra; a vivencia dunha enorme treboada por una parella de mulleres e nenos; o estalido da Guerra Civil na Coruña coa camaradería e mais as balas traidoras . "Os jeans de Maria", que dá título ao volume, no que a entrada dos grises nas aulas universitarias fai que a liberdade estea debuxada con letras vermellas na rúa das putas. O desenvolvemento industrial ilegal tapando o fedor do xornalista.

No haber de Os jeans de Maria saliento a concentración, consubstancial coa esencia do relato; algunhas tramas argumentais certamente boas; o emprego de poucos adxectivos, o autor é quen de metaforizar dun xeito envexable. Tamén fai bo uso das elipses. E en xeral cómpre sinalar que o estilo da prosa é moi coidado. E no debe faría referencia, en primeiro lugar, á mediocridade dalgunhas tramas. Tampouco os comezos, en xeral, non enganchan a quen empeza a ler. Verbo dos desenlaces, hai de todo. Xa que logo, unha abondosa escolma de microcosmos literarios, sen dúbida prometedora, e na que o lector vai atopar pracenteiras sorpresas e tramas que non teñen esa categoría.

ALCAYDE DANS, L., Os jeans de Maria, Editorial Galxia, Vigo, 2019, PVP. 13,96 ?

Compartir el artículo

stats