Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cando a muller pescuda...

Eran moitas as expectativas postas na novela "adulta" de Ledicia Costas, e abofé que Infamia non decepcionou a ninguén que a teña lido, malia tratarse dun debut no xénero da Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. A escritor viguesa decantouse polo xénero negro e fíxoo con destreza e coñecemento de causa. Infamia reúne todas as características que se lle esixen a un clásico, incluída a dun detective con carisma que, e esta é unha novidade, lle corresponde a unha muller, Emma Cruz, unha profesora de Dereito Penal que, polo tanto, nada ten que ver coa simpática Miss Marple de Agatha Christie (nin coas súas sucesoras).

Quen si confesa o influxo da grande autora británica é Arantza Portabales na súa, tamén sorpresiva, Beleza vermella. No entanto, e cumprindo cáseque todos os pasos que Christie aplicaba nas súas tramas, de Portabales hai que resaltar que consegue darlle un selo propio á historia que conta, e na que, e esta é unha opinión moi persoal, dá a impresión de que inclúe elementos que semellan extraídos do desgraciado caso da nena Asunta Basterra, ao que Arantza engade unha viraxe que o cambia todo.

Compartir el artículo

stats