Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Divertida lectura

Consellos para visitar Finlandia

Divertida lectura

Rinoceronte vén de traducir Dende Finlandia con amor, un libro que pode interesar a todos os devotos da cultura dos países nórdicos ou, simplemente, gozaren dunha lectura divertida. O autor é Roman Schatz, un alemán casado cunha finlandesa, que expón en capítulos moi breves a visión do país no que naceron os seus fillos. A obra expón o choque cultural que supuxo para el adaptarse a unha nación na que é un home moi coñecido polo seu traballo na Televisión Pública e polo seu intento de dar a coñecer o país no estranxeiro. Xa que logo, o obxectivo destas páxinas e entreter os estranxeiros que viven nese lugar coñecido polo seu sistema educativo pioneiro ou por empresas como Nokia, pero tamén os correosos finlandeses, xente, segundo despois afirma, parca de palabras e caracterizada pola afouteza de carácter.

En cada artigo imos descubrindo matices sobre os máis diversos aspectos: a lingua (pouco sexista, con grande economía de palabras e quince declinacións); a falta dun pasado militar glorioso, a exaltación dos heroes deportivos, a cociña e os beberaxes preferidos, os impostos, a preferencia polo alcohol forte, o amor á sauna ben quente, o uso continuo de tacos... Con estilo desenfadado, as páxinas van amosando un país cheo de sorpresas. Por exemplo: como non usan os intermitentes, "iso axuda a aforrar enerxía, prolonga a vida das lámpadas e fai a condución algo máis interesante". Con humor, Schatz fala dos suecos, da demografía, das casas de campo, dos bosques, do nacionalismo. Ao final, aparecen dez consellos para sobrevivir no país. Emborracharse e deitarse con eles, comer a súa comida e aprender o seu idioma semellan as actividades máis recomendables.

SCHATZ, Roman, Dende Finlandia con amor, (trad. T. González Ahola, Ed. Rinoceronte, Cangas, 2019, PVP. 14 ?

Compartir el artículo

stats