Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Narración e cómic

Contra a violencia cotiá

Narración e cómic

Narración e cómic

Un grupo de amigos, o remate de curso, as vacacións de verán nunha vila costeira e un cruce de amoríos pasados e presentes constitúen os elementos fundamentais sobre os que pivotan os acontecementos que teñen a Marta, Ana, Luis, Carlos, Lupe, Miguel e Uxío mergullados nun entramado de relacións interpersoais nada saudables nalgún caso, pouco aconsellables noutro e que requiren atención sempre.

A noivado entre Ana e Uxío non tería nada de particular se se basease na confianza mutua e no respecto entre iguais, pero isto non é así, polo que os amigos de sempre, atentos ao comportamento da moza, tentan amosarlle que o camiño que toma a relación non é o axeitado cando un dos membros adoita unha posición de superioridade sobre o outro.

Os reproches sobre a súa conduta, a súa forma de vestir ou mesmo sobre o que pensa e fai no tempo libre son continuos e levan a Ana á submisión e a negar a realidade, unha realidade que, aínda antollándose contraria aos seus principios, a anula como muller e como persoa, algo que non están dispostos a permitir os seus achegados.

Amor amargo é unha historia que ten un final feliz, pero a vida cotiá empéñase en superar a ficción e arrebola datos escandalosos cada ano peores sobre vítimas, polo que se fai necesario -e ata urxente- concienciar á poboación dende cativos da importancia da tolerancia, do respecto e da comunicación saudable porque só así se acadará un mundo máis xusto e máis humano.

Se esta novela serve para abrírlles os ollos a algunha desas persoas que padecen violencia, penso que o seu autor, Xosé A. Perozo, daría por bo o "experimento literario" que mestura narración e cómic.

PEROZO, Xosé A., Amor amargo, Auga Ed. Santiago, 2019, PVP. 12, 35 ?

Compartir el artículo

stats