Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Atractiva miscelánea

De patios, arañas, bochornos e portas

Atractiva miscelánea

Atractiva miscelánea

A secreta melancolía da garza: velaí o fermoso título da recompilatoria dos relatos finalistas e gañadores das edicións que van desde o 2016 deica ao 2018 do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía (organizado polo concello de Arteixo) que vén de publicar a editorial Galaxia.

O primeiro dos textos, "Hai patios de luces tristes", de Diego Giráldez, presenta un amor de tango: xa que logo, protagonistas que van á deriva e notas culturalistas ligadas ao realismo máxico. En "O mérito da chuva", Carlos Quiroga lévanos cara a unha libraría da man dunha muller que abraza con entusiasmo o seu traballo, pero que co tempo chegará á decepción.

Por que desaparecen pombas, gatos e mais persoas? Esa inquietante situación, un complot político mundial e tamén estraños fenómenos climáticos nunha historia envolta nun aura de misterio é o que nos coloca diante dos ollos "Araña de Sidney", título da man de José Antonio Lozano. Ecos clásicos e tempestades románticas laten con forza en Noelia Cendán, autora de "Corazón de Aquiles". "Reversible", de Jesús Amboage, percorre, da súa parte, un roteiro que sae da estación do resentimento, ten parada nesoutras da mesquindade, da angustia e do fracaso, para desembocar nun territorio no que nace o acougo.

Traizoar a verdade é algo que pode suceder na severa casa na que habita a protagonista de "Bochorno", escrita con man firme e rítmica prosa por Charo Pita. Da súa parte, en "A porta do reconhecimento", Tiago Alves Costa, a través dunha porteira, reflexiona sobre a forza desmesurada da sociedade para controlar os individuos. E, ao final, atopamos en "Unha praia na Polinesia", de Mercedes Leobalde, un relato con elementos futuristas e cómicos diálogos.

VV.AA., A secreta melancolía da garza, Galaxia, Vigo, 2019, PVP. 15,20 ?

Compartir el artículo

stats