Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Esmero e profesionalidade

Aprendendo con Fiz

Esmero e profesionalidade

Que divertido resulta aprender con Fiz! Unha temática atractiva, unha presentación engaiolante e unha extarordinaria riqueza no detalle, aderezadas con esmero e profesionalidade, velaí as claves dunha das últimas entregas que Kiko Da Silva dá ao prelo para que o lector se inicie ou profundice no eido da banda deseñada.

Tras a presentación dos personaxes, Fiz e a súa amiga, Puri, comeza a aventura, primeiro coas orixes: proto-cómic cos códices maia e medievais, logo os pioneiros con referencias a Joseph Pulitzer e Krazy Kat e máis adiante o bd franco-belga con Tintín e Milú, o cómic americano cos superhéroes e o manga cos otakus.

E unha vez captada a atención comeza a prescrición e con ela o percorrido pola parte técnica: espazos, materiais, creación de personaxes, disposición tipográfica, elipses narrativas, planos e guión rematan o traxecto que desemboca na creación da revista do neno máis porco do mundo. Como colofón, un epílogo gráfico coas notas do curso de cómic, precedido dun decálogo do máis suxerente acerca de cómo se debe abordar o traballo de historietista que deixará nos receptores un resaibo con sabor a saber e a desenfado que pode resultar moi efectista.

Integrar coñecemento e diversión semella unha boa maneira de aprender. Se canda á sintaxe propia da banda deseñada, isto é, a relación entre os diferentes elementos que compoñen o cómic, aparece unha boa idea expresada de forma clara, concisa que ademais leva implícito o humor, o éxito do libro está garantizado.

SILVA, Kiko da, Aprendendo banda deseñada con Fiz, Ed. Xerais, Vigo, 2019, PVP. 12, 25 ?

Compartir el artículo

stats