Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tecnoloxía trepidante

Unha prosa áxil e directa

Tecnoloxía trepidante

Seis son os relatos que compoñen Singamia 1.1, derradeiro volume da triloxía que Ramón Caride escribe na serie "Aktual", incluída na colección "Fóra de Xogo" de Edicións Xerais de Galicia e que amosa o poder das máquinas sobre a vida das persoas, a capacidade de control sobre os nosos actos e mesmo a previsión do noso futuro.

Os termos empregados nos títulos - Exogamia, Endogamia e, agora, Singamia- pertencentes ao léxico científico da bioloxía introducen o lector no fascinante mundo da exploración, no trepidante desenvolvemento da tecnoloxía e tamén no interesado dominio das forzas da natureza co fin de mellorar as potenciais capacidades que nos asemellen á perfección que se nalgún momento se antollaron ficción, na actualidade son vistas non só como probables, senón tamén como posibles.

Así en 'Procurar & Anular' os seus protagonistas son vítimas dos seus propios xogos, en 'Financiar os instintos' analízase como todo é subsceptible de ser mercado ou en 'Tempo comprimido' créanse ilusións con desexos procurados para evidenciar que podemos ser actores ou espectadores dunha realidade que muda continuamente.

Os textos, ben documentados, semellan ser produto dun coidado e minucioso proceso de selección que poñen de manifesto as inquedanzas sobre determinados temas que afectan hoxe en día á Humanidade e que, quizais, se fai necesario abordar. Cabe engadir ademais que a calidade temática vese reforzada pola prosa áxil e directa, moi de estilo científico e polos suxestivos enunciados que, a miúdo, deixa abertos para que o lector complemente o relato.

CARIDE, Ramón, Singamia 1.11 (ilustr. Manuel Busto), Ed. Xerais, Vigo, 2019, PVP. 12, 15 ?

Compartir el artículo

stats