Impacto expresivo
Unha poesía imbuída de precisión

Impacto expresivo
Román Raña
Informo da chegada dunha Perseida, quero dicir, dun poemario de Noelia Gómez (Rianxo, 1995), intitulado O xiro, que obtivo o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Chámoo así porque contén unha poesía imbuída de precisión, de fondas filigranas, de impacto expresivo. O exemplar divídese en tres seccións. A primeira leva por título "ontorno" Nela asistimos a versos que erixen o mundo dunha nena que sente como emerxe unha casa, como se vai habitando cos seres máis queridos, mais tamén con ausencias, con experiencias dolorosas: "na gorxa os cristais da mañá/que te vin defunta/no cuarto branco". É frecuente sentir a respiración do estío, o modo de nadar que ten a brisa, o final dun sofrer: "na mirada as manchas da herbas/o día que sentamos entre o millo/e a irmá perdeuse nas horas da calor". Con pulcra sabedoría, a autora vai perfilando escenas e sentires onde intuímos o peso da relixión e da rebeldía: "con acougo trago o invisible/o sangue dos pecados que cicatrizan".
A segunda parte, "Eixe",convoca as incertezas. Se o libro adquire a división tripartita dunha danza, o seu conxunto é o xiro. Desde Nietzsche sabemos que a danza supón o desvío do pensamento para a afirmación do corpo e dos seus movementos como maneira de nortear o espírito. Na poesía, os sentimentos danzan e, case sempre, o corazón é desobediente. Así, atopamos imaxes que manan do outono para advertir da nosa condición de expatriados: "a folla escapa da orixe/sente que ese non é o seu lugar". Ese non-lugar está composto de sombras que mutilan a muller: "ás escuras as plantas morren/ nós tamén".
A terceira sección, "Desprazamento",condúcenos a un ámbito de estrañamento. Vemos unha cidade febril e inhóspita onde a poeta reflexiona sobre a fugacidade das barreiras. Mais tamén o lugar do recoñecemento (Adrián Solovio no Mediterráneo) culminando cos versos máis estarrecedores da obra (como no conto de Joyce, "The Dead"):"non se asimila a unidade/a relación que existe entre cortar o embigo/e enterrar o corpo".
GÓMEZ, Noelia, O xiro, Ed. Xerais, Vigo, 2019, PVP. 11, 87 ?
Suscríbete para seguir leyendo
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- «Trabajo solo por encargo, y tengo una lista de espera de casi dos años»
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Murió de un infarto a las dos horas de que lo atendieran y le diagnosticaran gastroenteritis
- Cazan a un trabajador vigués jugando al pádel en horas de trabajo y contrataca denunciando impagos
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Un grupo de 45 afectados demandará a una tienda de Vigo de productos veganos