Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O retorno

En 1969, Dennis O'Neil e Neal Adams tentaron recuperar a esencia do cabaleiro escuro sen moito éxito. A súa iniciativa calou entre os seguidores, pero non entre o público xeral. Tiveron que esperar ata 1986, cando Batman: The Dark Knight Returns, de Frank Miller -novela gráfica que nos sitúa nun futuro no que un Batman de 60 anos se ve obrigado a retomar a capa- se foi converter nun éxito de crítica e vendas, volvendo colocar o noso heroe no radar, recuperando un ton máis maduro. Séguenlle grandes obras como Batman: Year One (Frank Miller, 1988) ou Batman: The killing joke (Alan Moore, 1988). Comezaba así un novo rexurdir do home morcego, potenciado pola serie de películas iniciadas por Tim Burton en 1989, que pasaron tamén por unha etapa decadente ata o seu "reinicio" por parte de Christopher Nolan en 2005.

Neste mes cumpriranse dous grandes fitos para a saga Batman: o 80 aniversario do personaxe e o número 1000 de Detective Comics. Para celebralo, publican Detective Comics: 80 years of Batman e Detective Comics #1000. A primeira é unha edición de luxo que recompila as aventuras e mais os personaxes máis memorables da serie pero que tamén inclúe material novo e comentarios de autores da talla de Cory Doctorow ou Neil Gaiman. O segundo conta coa exclusiva aparición en papel de Arkham Knight, un misterioso vilán coñecido polo videoxogo que leva o seu nome.

E para que a celebración non acabe, en outubro estrearase unha nova película sobre o Joker. Aínda queda Batman para tempo!

Compartir el artículo

stats