O pazo do Cabo do Mundo
Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao, Lugo)

Vista parcial do entorno do Ecomuseo.
Situado na Ribeira Sacra, dentro da comarca de Terra de Lemos, ao sur da provincia de Lugo, o concello do Saviñao é pródigo en historia e en paisaxes naturais. Nesta fermosa xeografía álzase un pazo con moito que contar, pois mostra como se vivía antigamente nesta contorna do Miño. A nobre edificación está situada na parroquia de Fión, no lugar coñecido como O Cabo do Mundo.
A "Colección Visitable Pazo de Arxeriz" está incluída dentro da Rede Museística de Galicia. O seu fin é estudar, restaurar e divulgar o patrimonio da Ribeira Sacra, tanto histórico como paisaxístico e, especialmente, o etnográfico. Despois de centurias de historia, que vincula o pazo coas casas de Raxo, Lemos e outros ilustres apelidos, a partir de principios do século XX prodúcese unha metamorfose que converterá o conxunto en innovadora industria. Comezaba o xerme do que sería Larsa e outras iniciativas relacionadas coa investigación agropecuaria. En 1996 Xosé Soto Rodríguez crea a Fundación Xosé Soto de Fión e asegura a finalización dos traballos de restauración do pazo e as súas construcións anexas. Concibido como ecomuseo, Arxeriz forma parte da Rede Museística galega desde 2004. Estrutúrase ao redor dun pazo do século XVII, onde se dispoñen as salas divulgativas e expositivas.

O pazo do Cabo do Mundo
O proxecto iníciase ao principio dunha forma modesta en dúas salas, coa vocación de ir crecendo e facendo museo. A idea foi sempre integrar e combinar os espazos expositivos no interior dos edificios, coa contorna da leira, os xardíns, a horta, as construcións adxectivas, o castro e o bosque; por iso é polo que o propio nome de Ecomuseo xurda da combinación de etnografía, historia e natureza que se dá en Arxeriz. Os baixos do edificio principal están dedicados precisamente a aspectos etnográficos e patrimoniais da Ribeira Sacra.
O salón do pazo acolle un espazo dedicado á prehistoria, que irá aumentando a súa colección a medida que se vaian facendo futuras campañas de escavación do castro contiguo. Hoxe acolle muíños barquiformes e circulares, morteiros e outros achados, complementados con paneis gráficos sobre a situación e características do poboado e fotos sobre a primeira campaña de escavación. A visita á citania complementa este percorrido pola historia.

O pazo do Cabo do Mundo
Sesenta metros cadrados evidencian o que desde sempre foi a cociña. Ao redor da lareira recréase, con parte do mobiliario orixinal, a época de esplendor dos fogóns pacegos. No baixo do edificio principal destaca unha importante colección dedicada á viticultura, con pezas únicas. Están expostas as ferramentas e aparellos utilizados na zona -de antiga tradición vitivinícola- que se empregaban na elaboración do viño de maneira artesanal e tradicional. Entre outros, poden verse caracochos -cubetas feitas de tronco de castiñeiro- ou unha gran cuba con todos os elementos de madeira. A exposición recolle todos os aspectos do cultivo, recolección e transformación da uva en viño, así como a posterior destilación do bagazo.
O pazo está á beira do Miño, polo que catrocentos metros de exposición están divididos en dúas salas contiguas e comunicadas dedicadas á cultura fluvial. Na primeira atópase a maior exposición de barcas fluviais de Europa, once embarcacións distintas que van desde o batuxo da cabeceira do río ao carocho da desembocadura do Miño. Na segunda das salas repártese o espazo entre a pesca tradicional e o impacto dos encoros no río e na ribeira.

O pazo do Cabo do Mundo
A visita complétase cun percorrido pola leira para poder coñecer as construcións adxectivas do pazo (capela, hórreo, "cabaceiro", pombal, fornos, palleira, era, curral), o castro (onde foi a primeira campaña de escavación arqueolóxica no 2013), cunha cata visitable e desde onde se pode gozar das extraordinarias panorámicas da ribeira fluvial.
O poboado prehistórico
- O ecomuseo habilitou, hai dous anos, unha senda circular de 2,9 quilómetros de lonxitude que permite visitar o castro que se atopa nos seus terreos e gozar da magnífica natureza que envolve o lugar. O percorrido comeza na entrada do pazo, xunto á capela. A apenas trescentos metros descóbrese unha carballeira de árbores centenarias, outrora moito máis poboada. Prosegue a senda por unha pendente que guía ata a cima do castro. Ademais das edificacións da citania, apréciase o meandro do Cabo do Mundo, a curva que fai o Miño ao seu paso polo concello do Saviñao. Despois o traxecto segue entre carballos, bidueiros, acacias, érbedos, sobreiras, chopos e ameneiros, especialmente no lugar da Mioteira. Continuando a andaina, aparece o pazo Torre Vilariño, construído en 1720 e convertido en 1991 en establecemento de turismo rural, o primeiro de Galicia. Máis adiante éntrase de novo nos terreos do museo e a ruta acaba no punto de partida. O camiño está sinalizado e dotado de paneis explicativos que indican, entre outros aspectos, as especies arbóreas que aparecen no percorrido. O museo ten unha das súas salas para mostrar as pezas arqueolóxicas que están a ser exhumadas nas escavacións do castro, ademais doutras que foron recuperadas en diversos puntos do municipio. Espérase que en futuras campañas sigan saíndo pezas á luz neste importante poboado castrexo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las clases se suspenderán en Galicia por alerta roja por temporal o naranja por nieve
- La Xunta activa la alerta naranja por temporal costero en toda Galicia y suspende la actividad deportiva federada
- Hallan armas y munición durante la desokupación de un edificio en Vigo en la que participó Dani Esteve y su empresa
- Alfonso Rueda responde a las quejas de Jorge Cadaval sobre las lluvias en Andalucía y su referencia a Galicia: «Es lo que hay»
- Parece Japón pero está en Galicia: el paraíso termal al aire libre que te trasportará al país asiático en una experiencia única
- El hachazo de la LaLiga contra la piratería salpica a los hogares gallegos: «Cuando emiten fútbol hay cosas que no funcionan en mi casa»
- Así es el nuevo zoo de Vigo: un paraíso para los animales... y los niños
- El radical cambio físico de Iogur días después de ser devuelto a la protectora de Tui tras una adopción fallida