SUSCRÍBETE

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Desenfadada expresión

Riscos, fantasías e aventuras

Desenfadada expresión

Desenfadada expresión

A editorial Galaxia vén de publicar na súa colección "Árbore" Os Cabezombis na Mansión Espello,, novela coa que súa autora irrompe no panorama literario galego e a forma de facelo non podía ser máis divertida. Personaxes fantásticos, situacións disparatadas, condutas enigmáticas, conflitos emocionais e mesmo aparicións poboan as páxinas dun libro que cautiva o lector mozo dende o comezo.

A expresión desenfadada e a desbordante imaxinación que a escritora canaliza en forma de imaxes sorprendentes guía o lector por un entramado de conexións que comeza coa chegada de Nico á Mansión Corso e que remata cáseque coa aparación do tío Lourenzo, un aventureiro que coma o protagonista foxe dos convencionalismos da vida cotiá e busca acubillo no exotismo que ofrecen os lugares afastados para desenvolver os seus proxectos vitais.

Tras unha treboada de verán chega o mozo ao que será o seu novo fogar; unha casa grande rodeada dun gran muro, con enormes ventás, un tellado agudo do que sobresae unha torre e un portal de aceiro cun escudo xusto no centro. No interior, cinco pequenos monstriños dispóñense a amenizar a estancia do novo inquilino coas súas travesuras e ocorrencias. Ao máis puro estilo collodiano unhas esculturas realizadas en barro polo inquedo Lourenzo cobran vida tras a caída dun gran lóstrego sobre a casa que forma unha masa enerxética capaz de outorgar dotes humanos aos cinco zombis. Así as aventuras que vive o mozo discorren paralelas ás dos pequenos seres dispostos a axudar e xogar case a partes iguais.

A historia, estruturada en doce episodios de desigual extensión, vai dando conta do pasado e do presente duns personaxes subxugados polos fíos da fantasía, da aventura e do risco, de modo que as discontinuidades que ámbolos dous mundos ofrecen compleméntanse na narración e posto que do pasado non coñecemos todo, as interpretacións feitas desde unha perspectiva actual achegan datos interesantes do que está a acontecer.

Así, cun estilo metaforicamente gráfico, que busca a expresión distorsionada da realidade, artella Patricia Mallo un texto no que o lector non deixa de sorprenderse: os tempos internos e externos, a mestura de feitos que poden ser veraces con outros irreais e mesmo a relación de comportamentos do máis extravagante ao lado doutros estereotipados converten a novela nunha mostra de enxeño, onde a ficción enche o baleiro do sensentido co fin de que os receptores pasen un momento agradable.

MALLO, Patricia, Os Cabezombis na Mansión Espello, Ed. Galaxia, Vigo, PVP. 12 ?

Para continuar leyendo, suscríbete al acceso de contenidos web

¿Ya eres suscriptor? Inicia sesión aquí

Y para los que quieren más, nuestras otras opciones de suscripción

Compartir el artículo

stats