Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Como o fío de Ariadna

Proxecto para o común dos nacionais

Como o fío de Ariadna

Afirma Xosé Manuel Beiras nas páxinas deste libro -O proxecto común da nación galega, que vén de tirar do prelo Laiovento- que a consciencia da identidade nacional supón un proceso de desalienación: xa que logo, "é un proceso sociohistórico, non a caída de Saulo de Tarso do cabalo camiño de Damasco. O proxecto de emancipación nacional é a guía e o trebello do labor para ese proceso".

'O proxeto común da nación galega', Xosé Manuel Beiras

'O proxeto común da nación galega', Xosé Manuel Beiras

No nobelo que vén ser O proxecto común da nación galega vanse recoller, daquela, as reflexións que formaron catro series de artigos publicados por Xosé Manuel Beiras nas páxinas do desaparecido xornal Galicia Hoxe, nas súas por el alcumadas "prédicas dominicais", en distintos períodos comprendidos entre 2006 e 2010. Da fecundidade daquel labor disciplinado, e para que non se vise reducido á efémera pasaxe da publicación xornalística, xa deron conta parcial dous libros anteriores: unha escolma elaborada por Soedade Noia baixo o título De Nunca Máis a Máis Alá, publicada en 2007 polo selo editorial de El Correo Gallego, e máis recentemente o "panfleto" -así o etiqueta o propio autor- Exhortación á desobediencia (Laiovento, 2013) que reuniu algúns daqueles artigos xunto con outros textos e discursos.

 Exhortación á desobediencia (Laiovento, 2013)

Exhortación á desobediencia (Laiovento, 2013) Xosé Manuel Beiras

Os traballos recollidos nesta nova entrega comparten entre si a análise, que lles confire plena actualidade, do modo organizativo do proxecto social e político que nos termos máis amplos podemos chamar o "nacionalismo emancipador", entendido este como un proxecto común da nación: do común dos nacionais, e non como algo privativo das faccións sociais que se reclaman portadoras da xenuína conciencia nacional e das súas organizacións políticas. Dende a súa dilatada experiencia persoal no espazo nacionalista nos últimos sesenta anos, pero tamén dende o profundo coñecemento do devir histórico da nación que toma conciencia de si, Xosé Manuel Beiras repasa os fitos dese proceso, a formulación da idea de nación nos diversos estadios nos que o corpo social pugna por conformarse como tal nación, e os diversos modelos organizativos nos que se ten pretendido artellar ese proxecto de construción nacional. Beiras entronca a súa reflexión cos dilemas estratéxicos que historicamente houbo de abordar calquera proceso de liberación e, como modelo de todos eles, o movemento socialista. Especialmente atractiva e clarificadora resulta a análise do paralelismo entre o efecto cauterizador e isolacionista que a "doutrina dos dous mundos" tivo no movemento socialista do último terzo do século XIX e o producido pola implícita adaptación desa doutrina bipolar no actual nacionalismo galego.

Pensando o feito nacional dende a esquerda aborda estas cuestións Xosé Manuel Beiras, coma o fío de Ariadna que leva á saida do labirinto.

Compartir el artículo

stats