Opinión | Vou repetir

Xornalista e escritor
Relatos de vida no medio do verán

Unha muller camiña baixo o sol en Leiro (Ourense) / Brais Lorenzo / EFE
Mamá
Lara rematou e pecha a oficina. No autobús toca cos dedos ‘Time’, de Pink Floyd, coma se o bolso fose un tamboril. Entra no supermercado. Empurra o carro con ansia. Sobe as bolsas á casa pola escaleira. Van ser as dúas, calza as Vans, ten que chegar á escola. Adiantouse ao aviso do timbre e algún pai que aparecerá tarde. Noa e Brais métenselle entre os pés e case cae, pero aguanta a verticalidade. Pola tarde, Lucía leva os irmáns á clase, e Lara e Samuel acaban na cama. Fan o amor con ruído e suor, reviven o pasado, que ás veces volve.
Á tardiña, Lara garda a barriga trala goma das mallas, cun enganaollos. Ata as zapatillas cunha lazada. Corre pola beira do Miño, que buliga trala enchente, asustando de preto a estrada nacional. A muller infla os pulmóns coa airexa do río, súa e exhala, retira as pingas do floco, sorrí. Vén a noite. Bica os cativos, acariña o home, senta xunto á ventá. Mira a un mundo que marcha.
— Hoxe vina axitada, papá. Pestanexou, suspirou, apertou os beizos. Faleille, oxalá me oíse.
— A neuróloga di que ás veces pasa coa demencia, Lucía. Pero, cariño, esta xa non é mamá.
A realidade engana en aparencia, pero no fondo di a verdade.
A nena
Calou a piques de falar, vinlle as palabras en bosquexos. O seu silencio e a súa mirada significan que todo remata.
(...)
Roxen os motores. A engalaxe chántame no asento. Teño o corazón na gorxa. Sobe o avión. Caerá, estourará.
(...)
Acertará coa vea? Sufrirei un desmaio. Sabe que fai? Entrará unha burbulla de aire no sangue. Os resultados sairán mal.
(...)
1, 2, 3 segundos. O ceo esfarélase, a tronada chega. Corro? E se atraio un raio? Acóllome? Caerá aquí, xa.
(...)
A carne está crúa. Enfermarei. Falo coa camareira? Esmago os bocados, mastigo amodo. Dá igual, voume atragoar.
(...)
O sol amortece o inverno. Camiño, sorrío, é raro atoparse ben. Canto unha de Xoel. Ás veces compensa vivir. Fóra os medos. Chama Manuela.
— Guapa, imos ao cine?
Só se oe o pranto.
— Amor, que pasa?
— (...) A nena (...) Estamos no hospital (...) A neenaaaaa!
Suscríbete para seguir leyendo
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- Menores con adulto y permiso parental se quedaron fuera de la platea de Castrelos para ver a Abraham Mateo: «Sé que es la ley, pero...»
- Detenido en Vigo por agarrar del cuello a su madre, zarandearla, tirarla al suelo y arrastrarla por el pelo
- Vigo, antes y ahora en la pantalla del móvil
- Uruguay eleva a más de 30 millones de euros la demanda contra Cardama por las patrulleras
- Cangas acota la Caracola y Moaña refuerza la vigilancia por el eclipse