Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | Wendy no tornado

A morte do CGAC

Manifestación de artistas no CGAC, en protesta polo nomeamento de Eva López Tarrío.

Manifestación de artistas no CGAC, en protesta polo nomeamento de Eva López Tarrío. / Xoán Álvarez

Que lugar ocupa a arte, sobre todo a contemporánea, na vida galega hoxe? Sitúase no nese punto de obrigado pasar e pensar? Antano, simbolizaba estatus, poder, luxo, que agora recaen nos deportes,restaurantes e reloxos.

A arte é salvación, bálsamo pero tamén xenreira e denuncia. «A derradeira leición do mestre» de Castelao (o asasinato de Alexandre Bóveda polos fascistas do 1936) demostra que pode incomodar o poder. Da fe «Ictus», de Chévere, sobre como Feijoo ‘esqueceu’ o significado real desta pintura.

Sobre ese pasado de represión no seu avó, tratou Mar Caldas na súa mostra no CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago. Impactoume ver xente dende os 10 ata os 60 anos concentrada tempo e tempo ante o que amosaba e denunciaba.

Do CGAC, teño recordos soldados na memoria como o zunido de abellas da instalación do 2000 de Rebecca Horn cos espellos no chan e as maxilámpadas penduradas entre sombras e luz. Era a primeira retrospectiva da artista alemá nun centro español.

Tamén lembro a concentración e a resposta policial tralo inxusto cese de Gloria Moure no goberno Fraga, no 1998. Un manifesto de 60 artistas apoiouna. Foi a primeira morte do CGAC.

Agora, a Consellería de Cultura abriu convocatoria pública para a dirección do Centro. Oito persoas optaron. Elixiron a viguesa Eva López Tarrío, profesora de Secundaria, inda que múltiples voces sinalan erros no seu currículo. Diversas asociacións de Galicia e de fóra e unha plataforma de máis de 1.400 artistas e creadores defenden que había mellores candidatos. Tal é o caso dos profesores universitarios Alberto Ruiz de Samaniego (comisario do pavillón español na Bienal de Venecia no 2007) ou Susana Cendán. Ambos cuestionan o nomeamento.

Solicitei o baremo e a listaxe de candidatos. Cultura negoumos pola lei de protección de datos. Sinala que elixiron a Tarrío polo currículo e polo proxecto. «Coa nova dirección, abrirase un novo ciclo para Galicia», conclúe. No DOG, o posto aparece como de libre designación. Samaniego denuncia «arbitrariedade, vulneración de mérito e capacidade, trato discriminatorio e mentira». Cendán critica un proceso «caciquil». Por que interesa a arte contemporánea ao poder?

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents