Opinión | Wendy no tornado
Nais á forza

Campamento de desprazadas de Daba Naira, situado na zona de Tawila (Darfur do Norte, Sudán). / Cindy Gonz. (EFE)
Hai un tempo, no que me acompañaron vagalumes no pelo. Guieime por eles para dar a luz.
Neste Día da Nai, son consciente dos raios cósmicos e da escuridade polos que transitan algunhas proxenitoras. Non todo son lumes de artificio na néboa.
Teño fronte a min unha celebración pero tamén, unha foto. Conto ata 17 mulleres ataviadas de vivas cores, todas co pano na cabeza sobre unha alfombra de fondo vermello con motivos tribais. Son supervivintes sudanesas de violencia sexual. Sei que fóra de campo hai moitas máis.
Entre xaneiro do 2024 e novembro do 2025, unhas 3.400 procuraron tratamento en Médicos sen Fronteiras en Darfur Norte e Sur. Unha alta porcentaxe eran menores. Desta violencia sexual nun conflito armado, nacerán criaturas. Agora é no Sudán. De seguro se recrudecerá no Mali.
Pasaban uns minutos das cinco da mañá do 25 de abril cando un intenso tiroteo e varias explosións espertaban este último país. Un grupo xihadista e unha fronte de liberación vencellada aos tuareg uníronse contra o goberno, un rexime militar aliado de Rusia.
Unhas fontes analistas sinalan Ucrania como apoio dos insurxentes; outras apuntan ao neocolonialismo de Francia ávida dos recursos mineiros (para baterías, armas, xoias) do estado africano co seu Banco nacional preparado para facer caixa.
As contas millonarias e nós mesmas coa arela-necesidade dun móbil ou coché eléctrico óptimo non nos doemos das mulleres convertidas en nais á forza.
Eu recibirei hoxe unhas flores, se cadra algún agasallo, bicos e apertas; levarei a familia comer fóra. Esquecerei o que escribo. Noutro lugar a poucos metros de min ou a moitos quilómetros, haberá nenas-nai como a kurda Agrin de «As tartarugas tamén voan», a arrastrar o seu fillo como unha lousa que queren botar dun cantil.
Noutro espazo, haberá mozas como a Esma de «Grbanica» que lle cala á súa vástaga que naceu de violacións sistemáticas na Guerra dos Balcáns. Quédome coa ollada da súa filla Sara despois de coñecer a verdade, no autobús para a excursión escolar. Por primeira vez, entende que a súa nai a quere por riba de todo. Por vez primeira, ela comprende que quere a súa nai.
Suscríbete para seguir leyendo
- Luca, el “terremoto” de los circuitos gallegos
- Los famosos gallegos de la lucecita
- Tesoros forestales para (no) perderse en otoño
- «Ramsay llega tarde, la carne gallega lleva tiempo siendo la mejor del mundo»
- Cuando la movida madrileña invadió Vigo: 36 horas de sexo, drogas y rock and roll
- De un vestido de lentejuelas de su abuela a millones de reproducciones: así se labra el éxito en redes esta influencer viguesa
- Los Quesada Legido, una saga de artistas
- Cervantes está de moda por ser lo que no fue
