Opinión | Wendy no tornado
Tulipáns persas

Ilustración de «Persépolis», da iraní Marjane Satrapi / FDV
O tornado agocha no gas dos seus segredos o funcionamento implacable da vida e da morte. É como o armario da avoa no que procuras ‘non sabes que’ para atopar preguntas sen resposta.
Se algún día chego a ter netas ou netos e a miña mente xa non está presente, que conclusións sacarán das miñas pistas?
Cando os seus dedos se crucen coas páxinas de Persépolis, da iraní Marjane Satrapi, ninguén lles explicará que –tras case 20 anos despois de velo no cinema e ler o cómic– seguen visitándome viñetas del na cabeza: Marjane adolescente, exiliada en Austria trala Revolución Islámica para salvar o pelexo, durmindo nun banco no inverno dous meses; Marjane á busca de comida entre o lixo en Viena; Marjane ante o espello horas antes de regresar a Teherán co pano xa na cabeza e a liberdade suada baixo el. Mais sobre todo, o seu amigo Farzad convertido en sombra e caendo entre edificios ao fuxir dos Gardiáns da Revolución.
A súa, como a de millóns de iraníes, é unha vida entre guerras herdada nos séculos: a invasión árabe e a mongol; o reparto do seu petróleo entre a URSS e Inglaterra; o imperialismo da man do sha e a revolta contra este polas súas masacres e as torturas; a invasión que sufriron de Irak e os oito anos bélicos.
Dende a revolución do 1979, os tulipáns (símbolo nacional) seguiron a tinguirse de vermello co sangue da ‘xustiza divina’, a mesma que segue a aplicar a Garda Revolucionaria hoxe.
O último informe de Amnistía Internacional, do 2024, sinala que abundan as condeas de flaxelación e mutilacións. As nenas poden forzalas a casar con 13 anos; as mulleres que conducen perséguenas e poden confiscarlle o coche. Na prisión de Evín, Narges Mohammadi (que vén de ser encarceada) e as súas compañeiras sufriron e sofren torturas.
Porén, a operación Furia Épica de Estados Unidos e Israel contra Persia non é xustiza terrestre para a poboación iraní, senón unha maldición máis contra este pobo. O 21 de marzo, celebrará co arranque da primavera o novo ano persa, cos pétalos dos tulipáns rachados.
Como sinalaba o personaxe do pai de Satrapi en Persépolis: «Mentres haxa petróleo no Oriente Medio, non coñeceremos a paz».
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo
