Opinión | Que din as rumorosas?
A auga, para quen a traballe

Auga acumulada tras as fortes choivas en Xinzo de Limia (Ourense) / Brais Lorenzo
Se cadra vostede non o sabe, pero o mundo está en bancarrota. En «bancarrota hídrica global». Así o proclamou a ONU hai uns días, afirmando que parte do planeta consumira auga por enriba das súas posibilidades, mesmo a non facturada aínda, e advertindo sobre un futuro de «conflitos». Porque, ademais de constituír a maioría do noso corpo, a auga é tamén responsábel da alma do mundo e é precisa para manter a paz, un anhelo pasado de moda. Quizais a pomba que a simboliza debería trocar a póla de oliveira por unha nube portátil.
De feito, hai países que xa teñen a cabeza nesas nubes e tentan levalas ao seu rego fabricándoas como quen manufactura algodón de azucre. Quen nos dera poder gardar algunha de hoxe para mañá, para cando volvamos bater todos os récords históricos de calor e nos volvan lembrar que estamos a vivir o verán máis fresco do que nos queda de vida!
Malia que nas pasadas semanas en Galicia houbo ata quen dubidaría da existencia do sol de non levar atada a calor ás súas lembranzas, en África oriental choven bágoas dende os ollos pola fame extrema coa que a seca ameaza, mentres en Oriente medio están a botar contas de para canto darán os litros que lles quedan.
Porque a auga é vida, pouco se repite. Non hai filme de náufragos que se prece que non teña un protagonista a suspirar por ela. En troques, desta vez a nós tocounos vivirmos unha temporada asolagados, lamentando un ano máis non ir a aquel cursiño onde ensinaban a nadar e gardar a roupa.
Mágoa non podermos gardar toda esa abundancia para metela nun banco de tempo e que dea réditos cando teñamos sede. Aínda que non é difícil imaxinar nun futuro non moi distante unha auga só para quen poida pagala e unha bolsa na que coticen as nubes, os glaciares, os mananciais, os acuíferos subterráneos. Ese novo mercado, se cadra, estaría manexado pola IA, a mesma que ameaza con volvernos ás persoas accesorias e superfluas, a mesma que compite connosco polos recursos hídricos. A ver quen ousa arrebatarlle a Terminator o seu chupito de H2O!
Somos auga, si, pero coa idade ímonos baleirando, deixando parte dela en bágoas e en suor; seguro que así aforramos unha pouca. Pero, como humanos, nunca deixaremos de ser auga para coarnos polos intersticios do sistema e amolecer, ou directamente oxidar, o duro corazón da máquina.
Suscríbete para seguir leyendo
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Luca, el “terremoto” de los circuitos gallegos
- Los famosos gallegos de la lucecita
- Tesoros forestales para (no) perderse en otoño
- «Ramsay llega tarde, la carne gallega lleva tiempo siendo la mejor del mundo»
- Cuando la movida madrileña invadió Vigo: 36 horas de sexo, drogas y rock and roll
- De un vestido de lentejuelas de su abuela a millones de reproducciones: así se labra el éxito en redes esta influencer viguesa
- Los Quesada Legido, una saga de artistas
