Opinión | Wendy no tornado
Escravas do algoritmo

Globo terráqueo onde aínda perviven a URSS e Iugoslavia / M. Mato
Os globos terráqueos cautiváronme dende sempre. De cativa, visitaba uns grandes almacéns de Vigo para ver uns enormes e suntuosos que se podían abrir e tiñan un minibar dentro.
Eu imaxinaba que, de maior, tería un cunhas botelliñas talladas de whisky escocés de 12 anos. Por suposto, eu nunca lle confesei isto á miña nai. De seguro, abriría os ollos maruxía asustada e nunca me deixaría saír da casa.
Do que si soubo é do gusto polo globo terráqueo. Varios me comprou na versión barateira en plástico co mar pintado de azul. Todavía gardo un coa base rota. Nel, aínda perviven a URSS e Iugoslavia. Non existen nin Croacia, nin Letonia nin Uzbekistán.
Ben se ve que eu son doutro tempo, dunha época mellor para unhas cousas e peor para outras moitas. Adoro certos avances e odio outros mentres unha terceira vía cambia de faciana co tempo, como esas persoas que van perdendo velos e que lonxe de se volveren transparentes convértense en fuel pétreo e opaco.
Nese bando, pero de elementos, sitúo o algoritmo. Sinto simpatía pola súa etimoloxía. Leo que ten orixe árabe, que procede de al-Khawarizmi, como chamaban o matemático Mohamed ben Musa, un influencer do século VIII.
A el, nomeárono como o lugar onde naceu, Khawarizm, no actual Uzbekistán, pero acabou vivindo en Bagdad. Alí, o califa encargoulle ocuparse da Casa da Sabeidoría, unha especie de Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Fixo un libro da superficie do mundo, outro sobre o cálculo e un de tablas astronómicas.
Para algúns, al-khawarizmi derivou no algoritmi latino. Para outros, pasou polo grego como aritmo (número). Agora, significa secuencia de operacións para resolver un problema.
Hoxe, promete un mundo máis áxil e doado pero comanda a nosa vida e os sentimentos. Tenme axudado a descubrir ideas e atmosferas; mais, como fuxo dos invasores, ódioo. Non sei canto durará a miña resistencia ideolóxica. Na práctica, xa sucumbo, transformada nunha escrava máis do algoritmo.
Suscríbete para seguir leyendo
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Luca, el “terremoto” de los circuitos gallegos
- Los famosos gallegos de la lucecita
- Tesoros forestales para (no) perderse en otoño
- «Ramsay llega tarde, la carne gallega lleva tiempo siendo la mejor del mundo»
- Cuando la movida madrileña invadió Vigo: 36 horas de sexo, drogas y rock and roll
- De un vestido de lentejuelas de su abuela a millones de reproducciones: así se labra el éxito en redes esta influencer viguesa
- Los Quesada Legido, una saga de artistas
