Opinión | Vou repetir
As palabras han quedar

Unha persoa le o Faro de Vigo na praia. / Marta G. Brea
Esta páxina comeza a activar o seu reloxo interior neste intre, e o acto íntimo de cada lector que se incorpora e se detén nas frases pon o contador a cero. Pode sentirse a vida das palabras baixo os dedos, no papel ou sobre a pantalla, aínda que a conexión máis especial, o intenso vencello entre o autor e o lector, xerado por medio dunha forza máxica, só se produce coa folla que ten entre as mans. Vostede pode constatar agora a importancia da presentación, do deseño e da estrutura, da tipografía e das cores. O formato loita contra as urxencias que pesan na actualidade, e teima por resistir a corrente do efémero, do rápido esquecemento. O remate é un feito inesperado a estas alturas do texto, cando o que resta por escribir é impredicible e aínda non se albisca unha saída. Sucede o que conta Ricardo Colmenero nun dos artigos do seu libro Literatura infiel, editado por Círculo de Tiza. «A veces no sabes de qué va a ir tu columna hasta que llevas un buen rato escribiendo (...) no nacen de repente (...). Surgen las ideas, o una idea, o una frase con la que podrías iniciar una conversación contigo mismo».
Nas noticias, nas reportaxes e as entrevistas, os xornalistas debemos adquirir un compromiso coa veracidade e coa honestidade, os principios fundamentais do oficio. Co periodismo literario, o desafío é ser quen de escribir en equilibrio entre a sinceridade e a sensibilidade.
El arte de la entrevista é un libro da editorial Debate que recupera varias conversas emblemáticas de Rosa Montero en El País con persoeiros das últimas décadas, de diferentes disciplinas, desde Julio Cortázar a Margaret Thatcher, de Yasir Arafat a Pedro Almodóvar. «La clave es mostrar un auténtico interés en escuchar al otro, entender cómo es. Todos los humanos queremos ser escuchados así», di a xornalista e escritora sobre o seu papel.
Aceptar que o proceso persoal de escribir se converte nun acontecemento compartido enche de responsabilidade. Tamén emociona. Un xornal é complexo e heteroxéneo coma a sociedade, un compendio de almas e corpos; de materia prima —coas palabras dispostas para unha danza colectiva—, e de ideas que inspiran os enunciados e deseñan a forma e o fondo. Esta é unha obra construída con varias mans, pautada polo tempo, que fala do inmediato, do que xa pasou, tamén do que chega e permanecerá. Algunhas palabras han quedar.
Suscríbete para seguir leyendo
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Luca, el “terremoto” de los circuitos gallegos
- Los famosos gallegos de la lucecita
- Tesoros forestales para (no) perderse en otoño
- «Ramsay llega tarde, la carne gallega lleva tiempo siendo la mejor del mundo»
- Cuando la movida madrileña invadió Vigo: 36 horas de sexo, drogas y rock and roll
- De un vestido de lentejuelas de su abuela a millones de reproducciones: así se labra el éxito en redes esta influencer viguesa
- Los Quesada Legido, una saga de artistas
