Opinión | Wendy no tornado

En alarma

Así se vivió apagón en Pontevedra.

Así se vivió apagón en Pontevedra. / Gustavo Santos

Ter o costume da velocidade, odiar o estatismo. Paga a pena vivir así? Sería mellor a inercia como a imposta o luns polo gran apagón? Aos peóns do xadrez, a falta de movemento sálvanos ou ponnos en perigo?

Nestes tempos, as incógnitas en letras capitais avivan. O humano sempre a saloucar polos sinais do futuro sen observar o presente.

Desta vez, un medo espállase. Faino entre as teorías da desconexión eléctrica desta semana e a alerta da inminente recesión que algúns como Ray Dalio outean achegarse aos nosos tornados.

No fondo do funil, alimentando o resto do cono, esa sensación de que as cousas non marchan como adoitarían.

Mentres a mente se prepara para mudar de escena, os bandos da controversia rinchan. Un deles musita que nos entreguemos ao inminente euro dixital.

O Banco Central Europeo (BCE) xa comezou a campaña. Defende que será unha «solución práctica» e «máis segura» en troques de usar varias tarxetas, aplicacións e dispositivos.

As voces disidentes, (adeus, bancos?) alertan do risco do aumento da inestabilidade financeira global. É dicir, da crise. Os máis críticos propoñen desconfiar porque o euro dixital podería desembocar nunha limitación e control dos gobernos aos nosos gastos globais ou por áreas dependendo dos nosos ingresos ou historial de desembolsos. Sería a condena a non ser libres no gasto e no investimento, a non aspirar a unha vida mellor para os nosos fillos, a non moverse da clase baixa que nos asignen.

Se desapareceron 15 xigavatios de enerxía que se estaban producindo ocasionando o apagón, quen nos garante que non se evaporarán os nosos euros dixitais por un hackeo ou que o BCE volatilice o seu valor para salvar o sistema? Máis simple, se un apagón durase varios días e non tiveramos diñeiro en metálico na casa, como comprariamos comida?

Non sería mellor esforzarse en reducir a pobreza infantil? No Reino Unido, 4,5 millóns de nenos son pobres. Representan o 31% dos menores, case un de cada tres. Prevén que aumente. En España, a pobreza infantil afecta ao 29% dos nenos. A última folga xeral por políticas económicas foi no 2012. Agora, non protestamos. Facemos scroll nos chistes da pantalla. Por que nos volvemos tan mans@s?

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents