Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ano Oteriano

O Balneario de Mondariz na pluma de Otero Pedrayo

No centenario da Guía de Galicia de 1926

Fachada do Gran Hotel do Balneario de Mondariz

Fachada do Gran Hotel do Balneario de Mondariz / Fondo Loty

Neste ano 2026, Galicia volve a súa mirada cara á figura inmensa de Ramón Otero Pedrayo, celebrando o denominado Ano Oteriano, unha efeméride que honra non só a súa obra literaria, senón tamén o seu labor como xeógrafo, literato, historiador e intérprete da alma galega. A conmemoración coincide co centenario da primeira edición da Guía de Galicia, un texto pioneiro que transcende o propio xénero para converterse nun mapa emocional e cultural do país, onde cada recuncho é descrito con ollada erudita e sensibilidade poética.

Publicada en 1926, esta obra emerxe nun momento clave, cando Galicia comezaba a afirmarse na súa identidade contemporánea. Otero Pedrayo non se limitou a sinalar camiños ou monumentos: debuxou paisaxes vivas, fixo falar ás vilas e cidades e interpretou con ánimo románico e barroco, a historia que latexaba baixo cada pedra. A súa escrita, fondamente enraizada na terra, converte a viaxe nun exercicio de descuberta do país, á moda das guías do Grand Tour editadas no Reino Unido.

Á calor desta dobre celebración –o centenario da Guía de Galicia e o Ano Oteriano– xorde a ocasión propicia para regresar a un dos espazos máis emblemáticos da Galicia de comezos do século XX: o Balneario de Mondariz. A través da pluma do autor ourensán, podemos achegarnos a como era aquel enclave hai cen anos, cando as súas augas, hoteis e xardíns atraían milleiros de visitantes en busca de saúde, lecer e refinamento.

Evocar o Mondariz de Otero é abrir unha xanela a un tempo no que paisaxe, elegancia e cultura dialogaban en harmonía. É tamén recuperar unha mirada que, máis alá da descrición, nos convida a sentir o espírito dun lugar que foi símbolo de modernidade de Galicia, e que segue a habitar, en palabras e memoria, o noso imaxinario.

Retrato de Ramón Otero Pedrayo

Retrato de Ramón Otero Pedrayo / Ksado

Don Ramón describe así a situación de Mondariz:

«El valle, muy poblado, tiene por centro la villa (titulada «Muy hospitalaria») de Mondariz (balneario), desarrollada (800 habitantes) al lado de la antigua parroquia rural. Mondariz ocupa el centro del valle alto del Tea (…); el valle (…) es verde, abrigado, de suelo arenoso, propicio al desenvolvimiento de los pinares, de las corrientes superficiales, nutridoras de un rico tapiz pratense, y a la dispersión de las agrupaciones campesinas. El clima, apacible y templado, húmedo (…), favoreció el desarrollo y la eficacia de la gran instalación balnearia de que ahora trataremos. Las aguas de Gándara y Troncoso, si fueron conocidas en la época romana, quedaron más tarde obscurecidas por largos siglos».

Cando relata as orixes das augas minerais, Otero demostra que, malia a súa erudición, tamén é falible, recorrendo a algúns datos inexactos que ignoran algunhas referencias anteriores ás que cita, como as obras de Pedro Gómez de Bedoya (1772) ou Pedro María Rubio (1853). A este respecto escribe:

«En 1862 y 1871 son descubiertos los manantiales de Troncoso y Gándara por el presbítero Blanco Lage y D. Enrique Peinador. La recia voluntad de éste y de su hermano lograron crear la gran instalación balnearia, orgullo de Galicia, ayudados en su obra por las personalidades más ilustres de Galicia, el químico Casares, el médico Pondal Abente, la escritora doña Emilia Pardo Bazán; Mondariz fue un lugar de curación y también de reposo».

O escritor ourensán non esquece que «Políticos, escritores, aristócratas, ilustraron el balneario. Núñez de Arce cantó, Castelar propagó, las virtudes de Mondariz». A fama das augas entre doentes de diversa índole xa era recoñecida hai cen anos polo noso polígrafo:

«Toda Galicia ciudadana y campesina conoce estas aguas; su fama iguala en Europa a la nombradía de los balnearios de los Vosgos y Alemania; la clientela ultramarina sigue en aumento. Como los padecimientos que se curan en Mondariz no imprimen las huellas de la degeneración fisiológica, la estancia es agradable, saturada de optimismo y de la sana rusticidad de los valles gallegos. El Gran Hotel, los otros quince hoteles, las casas de huéspedes, forman una población particularísima; todos los medios han sido inteligentemente empleados para hacer resaltar la belleza del país saudoso por la plantación de parques y jardines, y no hay que hablar de la perfecta técnica y elegancia que inspiran las instalaciones balnearias y la organización de la vida».

Recordar o pasado, pensar o porvir

Recepción de Castelao na Real Academia Galega o 25 de xullo de 1934. Detrás de Castelao, Enrique Peinador Lines. Á dereita, o máis alto do grupo, Ramón Otero Pedrayo.

Recepción de Castelao na Real Academia Galega o 25 de xullo de 1934. Detrás de Castelao, Enrique Peinador Lines. Á dereita, o máis alto do grupo, Ramón Otero Pedrayo. / FDV

O vínculo dos propietarios do balneario co galeguismo cultural e político non pasou desapercibido ao autor d’Os Camiños da Vida:

«La explotación de las aguas no presenta los caracteres exclusivos de una empresa económica. Los dueños del balneario sienten la belleza de la tierra y de la vida de Galicia, recuerdan el pasado y piensan en el porvenir».

(…) «El Museo de las Pías, el premio Peinador, el coro gallego Agarimos da Terra, son algunas de las pruebas del intenso galleguismo de los hermanos Peinador. En el Gran Hotel se han celebrado hermosas fiestas literarias y artísticas, y los escritores y artistas tienen predilección por la grata estancia en los saudosos valles de las fuentes maravillosas. No es de nuestra competencia el redactar un estudio de las aguas y de su eficacia; además, son universalmente conocidas».

A Quinta de Pías

Interior do desaparecido Museo de Pías

Interior do desaparecido Museo de Pías / FDV

A coñecida como Finca de Samil ou Quinta de Pías foi o lugar escollido polo empresario Enrique Peinador para erguer o primeiro museo etnográfico de Galicia, en realidade un museo etno-arqueolóxico, porque nel se exhibían desde instrumentos musicais a achados das escavacións do Castro de Troña. Don Ramón descríbeo así:

«El Museo de las Pías es, por ahora, etnográfico (trajes, instrumentos de labranza, de industrias rurales o antiguas. etc.), con algunas insculturas y objetos prehistóricos, en los que son ricas las tierras del valle.

El bosque y cazadero de las Pías, su granja agrícola, las aguas del Tea, los paisajes del valle verdecente y de montaña son aliciente para las excursiones en este admirable rincón de la tierra gallega».

O Castelo de Sobroso

Fachada do castelo do Sobroso antes da súa restauración

Fachada do castelo do Sobroso antes da súa restauración / FDV

Esta fortaleza medieval, situada na veciña parroquia de Vilasobroso e, daquela, aínda en estado ruinoso, inspira tamén ao autor de Arredor de si:

«Interesantísimo monumento, fuente histórica y gran inspirador de leyendas es el castillo de Sobroso. La señora Pardo Bazán lo dio a conocer y popularizó algunas de sus leyendas.

Recientemente se han hecho completos estudios y hasta se proyecta reconstruirlo. Es el antiguo Soberoso de los Sarmientos y Valladares, celebrados en el Nobiliario de Vasco Daponte, tomado por el conde de Camiña, Pedro Madruga; reconquistado por las tropas de Fonseca. Madruga lo volvió a sitiar, pero no pudo tomarlo por la defensa heroica de la fortaleza. Pasó después a la casa de Híjar y fue cabeza de jurisdicción. La leyenda hace vagar por las cercanías a la sombra romántica de una condesa, arrojada por su esposo. Cabanillas le ha dedicado más de un bello poema…».

Efectivamente, Ramón Cabanillas, en Camiños no tempo (1949) escribe poeticamente sobre a nobre Floralba, unha muller mítica vinculada a esta fortaleza:

(...) «É a hora da canción: vai a saír a lúa e a cantar na arboreda o reiseñor! Unha tarde do vran, á caída do sol, polas desertas salas do castelo ía e viña unha voz ... –¡Camiñante que ó cume de Sobroso chegache soñador e saudoso nesta hora do serán, corta unha galla de sobreira escura e póna, en honra miña, con dozura ó pé desta ventán! Eu son Froralba, a dona malfadada que fai mil anos sofre, escravizada dun feitizo de amor, a anguria de vivir neste castelo peiteando a chorar o seu cabelo, da lúa ó resprandor» (...)

Enrique Peinador Lines

Tal e como destacan Pérez Sánchez (2005) e Ricardo Gurriarán (2016), entre os achegados ideolóxicos de Enrique Peinador Lines estaban Ramón Cabanillas e Basilio Álvarez, Castelao, Otero Pedrayo, Peña Novo, Villar Ponte ou Vicente Risco.

En agosto de 1926, cando a Guía de Galicia sae do prelo, o semanario termal La Temporada, onde Don Ramón tamén colaboraba, afirma: «Es sencillamente una obra admirable, la más amena, documentada y completa de las de su género publicadas sobre nuestra región, en la que una vez más triunfa la erudición, la dicción exquisita y el buen gusto del prosista maravilloso y del gran poeta que es Ramón Otero Pedrayo».

En xusta correspondencia, o polígrafo ourensán afirmaba que, malia os seis anos de «vida señoril en Madrid», onde cultivou algunhas das súas mellores amizades, «non houbo xuntanza política ou literaria dos amigos, festa soada, loita ou lembranza a que non acodira Peinador inda tendo de cruzar a Galicia inteira».

Precisamente unha desas viaxes vaina realizar Peinador, na compaña de Cabanillas, á homenaxe que lle tributaron a Otero Pedrayo en Ourense o 9 de xuño de 1930. Dez anos antes, co nacemento da revista Nós, dirixida por Risco e con Castelao como director artístico, os anuncios das Augas de Mondariz serán un sostén fundamental para editala. En Nós será onde o xerente do balneario publicará, en 1922 o «Vocabulario dos cesteiros de Mondariz» en tres entregas.

Na segunda edición da Guía de Galicia, publicada en 1945, catro anos despois da morte do seu amigo Enrique Peinador Lines, cando o balneario xa decaera como lugar de saúde, sociabilidade e modernidade, Otero Pedrayo escribe saudoso: «Mondariz es una época en la historia de Galicia y de España».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents