Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

En el Norte hay un mar que es más alto que el cielo*

El poeta Carlos Oroza, en Vigo. Ricardo Grobas

O vindeiro martes, 21 de marzo, a Asociación Évame Oroza presenta na Fundación Abanca os Premios de Poesía (en galego e castelán) Carlos Oroza (Viveiro, 13 maio de 1923 ‒ Vigo 20 novembro de 2015). A concesión deses premios bianuais foi o leit motiv para a constitución da asociación: 2023 é o centenario do nacemento do gran poeta beatnik galego.

Poeta da oralidade, Oroza foi un bardo. Un bardo turbulento cuxos recitais provocaban na audiencia un transo, unha vibración sonora que transcendía ao texto poético, tal como na música transcende o concerto ás cinco liñas do pentagrama. O seu non era escribir as súas poesías, senón recitalas, pois para el os libros eran cemiterios de signos: “Siempre he dicho que mis poemas eran para decir (…) no me niego a la letra impresa, pero quiero decir que fatalmente el animal queda anémico; al hacer imprenta hemos recogido un animal fuerte y ha quedado jadeante, ha quedado extenuado ante el libro”.

Permítanme reproducirlle uns versos do seu poema “Évame”:

Oh Eva

Évame Eva

Évame si me transito

Era de noche por tus ojos de fiebre

Ómnima por tus manos que me acarician

Era extraño cómo subsistía por la noche

cada noche deviniendo por mis

pasos

para encontrar dormido el cuerpo enfermo en la otra casa.

Me conforto en tu aliento

Miro por tus ojos

Empujo por tus ojos y me encuentro con las últimas cenizas

Me dejo en libertad

Ómnima mis pasos.

 

Aínda que el non se sentía identificado no movemento beat americano, todos os que de mozos escoitabamos a Dylan, liamos On the Road de Kerouac e recitabamos a Ginsberg, Corso e Ferlinguetty non podemos deixar de admirar nel o mellor representante desa cultura en lingua castelá.

Carlos Oroza era, ademais dun poeta maldito da súa xeración, un ser humano cheo de bonhomía, xenio e carácter a partes iguais. Recordo cando preguntado pola súa opinión acerca da xeración de poetas novos, dixo: “¿Quiénes? ¿Esos que tienen que ir a la farmacia a por 300 gramos de amargura para poder escribir poesía?”.

Lembro saudalo pola rúa do Príncipe e arrostrarme sempre unha mirada severa. Nunca souben por que ata que un día non aguantou máis e espétome:

—¡Usted a mí no me conoce!

—Sí, sí le conozco, nos presentó…

Quixen contestarlle, pero de novo interrompeume:

—Le digo que usted no me conoce.

Desistín e dei a miña man a torcer:

—Pues vale, no le conozco.

Entón engadiu:

—Pues si no me conoce, no me salude más.

—De acuerdo, no le saludaré más —dixen apenado.

E así pasaron uns anos ata que as miñas fillas trouxeron á nosa casa dous border collie: Sort e Lola. Os border collie, como diría Nietzsche, son unha corda tendida entre o can e o supercan. Á súa asombrosa intelixencia engaden un instinto especial para recoñecer entre os humanos a quen ama os animais. E Carlos Oroza amaba os animais.

Carlos Oroza en Vigo. RICARDO GROBAS

Sucedeu que eu me facía acompañar por Sort e Lola a todas partes, incluído o café Detrás do Marco, en cuxa terraza era frecuente ver a Oroza de faladoiro. Os meus dous border collie sempre se dirixían a saudar efusivamente a Oroza, lambéndoo e dándolle ao rabo. Aos poucos encontros díxome: “Tiene usted unos perros maravillosos, lo sabe, ¿verdad?”. Así foi como permitiu saudalo de novo a quen hoxe é secretario e vicepresidente da Asociación que leva o seu nome. Meses máis tarde, os meus border collie daban voltas ás mesas en Detrás do Marco buscando o seu amigo poeta.

Afortunadamente, a viguesa editorial Elvira, dirixida polo seu amigo Xabier Romero, editou a súa obra. Difundila, dala a coñecer entre colexios e institutos e entre o gran público é o fin da nosa asociación.

A asociación elixiu para presentar os premios Día Mundial da Poesía, que se celebra co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Ademais, búscase promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar as pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión para restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

Será un día perfecto para reivindicar o lugar de Carlos Oroza na literatura contemporánea española. O martes 21 de marzo ás 20:00 teñen unha cita ineludible no auditorio da sede de Afundación. Esperaralles un acto conducido polo tamén poeta Antonio García Teijeiro e un recital poético a cargo do grupo Rompente.

Poden inscribirse na Asociación Évame Oroza no correo info@evame.org.

*Carlos Oroza

Compartir el artículo

stats