Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ANTÓN REIXA Escritor, artista, ex productor audiovisual

“Para poder ser poeta, tiven que meterme a empresario”

“A movida foi, entre outras cousas, a conquista popular do dereito ao lecer nun Vigo no que, ata finais dos anos 70, se querías tomar unha copa máis alá das 12 da noite, ou ías a unha barra americana ou acababas no “Almas Perdidas”, o bar dos mariñeiros”

Antón Reixa, na súa casa de A Coruña. / CASTELEIRO/ROLLER AGENCIA

Falamos con Antón Reixa (Vigo, 1957) en vísperas dun concerto de Os Resentidos. E iso xa é un dato significativo. As novas xeracións identifícanno como o cantante de “Fai un sol de carallo”, peza pola que Os Resentidos difundiron a súa mensaxe/manifesto da “Galicia caníbal”. Pero se hai un Reixa resentido, tamén hai un Reixa poeta, un Reixa adiantado da retranca posmoderna, un Reixa pioneiro do audiovisual galego; e houbo un Reixa mestre de alumnos de Bacharelato no instituto Santa Irene (Coia 2) e ata un Reixa presidente da SGAE. E hai un Reixa que sobreviviu a un ictus, a un coma de 14 días por un accidente de coche e a unha hospitalización dunha semana por Covid. Hoxe falamos con todos eles, incluído o Reixa Medalla de Ouro de Belas Artes.

–Nesta vida toca tomar decisións importantes varias veces, pero cando decidíu fundar Os Resentidos, subirse a un escenario, cantar….visto coa distancia do tempo, aquela foi a decisión máis importante da súa vida?

–Entre os 16 e os 22 anos eu decidín que me ía dedicar á poesía, mais tamén tiña claro que para chegar a iso, non tiña máis remedio que gañarme vida con calquera cousa, agás coa poesía. Iso, en primeiro lugar, levoume a facer unha licenciatura “anfetamínica” en Filoloxía Galega, e logo a dar clases no instituto Santa Irene, para levar cartos á casa. E, ben, como en algunhas das primeiras críticas que recibiron os meus poemarios seica que non ía ir moi lonxe, de súpeto apareceu a música. Daquela, toda a xente máis ou menos da miña idade, ou ainda máis xóvenes, estaba formando grupos, de maneira que animeime e decidín tamén formar o meu. Asi que niso das decisións que tomas na vida, vistas coa distancia do tempo, corenta anos despois, chego á conclusión de que, en realidade non as tomas, senón que sáenche ao paso, e que na vida hai que deixarse levar polas mareas.

–E que lle dixeron na casa?

–De todo, menos bonito. Miña nai xa se decepcionara comigo antes porque, xa que eu escribía, ela aspiraba a que algún día obtería o Premio Planeta pero, claro, como eu díxenlle que non pensaba para nada na narrativa, senón somentes na poesía…Pois que non lle chistou nada, vaia!

Antón Reixa, na súa casa de A Coruña. Casteleiro/Roller Agencia

–Durante un tempo, compatibizou as clases no instituto coa actividade de Os Resentidos. Como se tomaban os seus alumnos a súa faceta artística?

–Dar clases foi un dos traballos máis agradables que tiven na miña vida, mágoa que fora durante pouco tempo! E ainda así debín ter uns mil e pico de alumnos. Á fin e ó cabo consistía en que falara, durante cinco horas ao día, de lingua e literatura, e iso a mín saíame de xeito moi natural. O que sí me ocorría daquela é que estaba máis a gusto nas aulas que nas salas de profesores, nas que me sentía como un estrano, cáseque como un extraterrestre, entre os meus colegas.

–Os seus alumnos debían estar (con perdón) “flipando” con Vde.

–Ben, digamos que nunca lles din a lata. Xa dixen que me sentía moi ben e,de feito, aquelas clases servíronme de moito para aprender a desenvolverme enriba dun escenario. E, dende logo, que eu saiba (porque de cando en vez ainda me atopo con alguns deles) os meus alumnos non gardan mal recordo de mín. O que si que levaba mal é o de calificálos con notas, porque a mín o que me preocupana era transmitirlles coñecementos. Nunca entendín a eses profesores que cualifican esámes con 3,4 ou 4,5…Que raio de operacións fan para avaliar a un alumno con números tan exactos?

–Foi naquela altura cando coñeceu a Xosé Luís Méndez Ferrín, que tamén daba clases no Santa Irene. E ainda que Vde. di que seus primeiros poemarios tiveron malas críticas, tamén as tiveron boas, e nestas sinalabánno a Vde. como herdeiro poético de Ferrín.

–Ferrín foi unha das persoas que cambiou o curso da miña vida. Se non chego a ser alumno, compañeiro e amigo del, cando nos encontramos no Santa Irene, a miña vida non sería igual. El é unha referencia vital, imprescindible. De feito, cando o coñecín, atopeime, contra o que eu esperaba, cun home moi moderno, alguén co que se podía falar de Otero Pedrayo e, ao mesmo tempo, de Kafka ou de Joyce…pero tamén de Lou Reed. Se hai alguén que boto de menos dende que non vivo en Vigo ( reside na Coruña) ese é Ferrín

–Aqueles eran tempos da movida. Julián Hernández decíanos o outro día que pensaban que o seu primeiro disco ía ser o último. O seu cos Resentidos era un proxecto a longo prazo ou un xeito de pasar o tempo?

–Por aquel entón non existía o longo prazo, como se reflicte nesas verbas de Julián. Puxemos o grupo en marcha e o que menos podía pensar naquela altura (1981) e que cinco anos despois (1986) ía permitirme o luxo de pedir a excedencia de funcionario e volcarme profesionalmente cos Resentidos malia que, ao mesmo tempo, decatabame de que a música non ía ser algo permanente porque, a diferencia de moitos músicos da miña xeración, eu dende un principio entendia que debía crear outra actividade artística que tivese unha compensación económica, que no meu caso foi a videocreación, que comezara xa a combinar coa música dende 1984. A verdade é que en Resentidos sempre pensamos en calquera cousa menos na profesionalidade.

–A movida de Vigo deixou un verdadeiro pouso cultural en Vigo ou está mitificada?

–No da movida, non me gusta referirme só a Vigo, senón a Galicia enteira. Eu son moi autocrítico coa miña xeración, ata o punto de que son consciente de que hoxe hai moitos máis e mellores artistas dos que había na nosa época, e sen embargo carecen dun paraugas cultural que os apoie, e por iso semella que seguimos indo detrás do resto. Eu sempre insisto en que aqueles anos foron frívolos, pero de moitísima tolerancia, contrariamente ao que ocorre agora. Tamén foron solidarios, combativos….Había unha curiosa complicidade entre a festa e a loita obreira. Isto definíuno moi ben o reporteiro gráfico Vitín de las Heras: “Polas noite á festa, e polo día á manifestación”. A movida foi a conquista popular do dereito ao lecer nun Vigo no que, ata finais dos anos 70, se querías tomar unha copa máis aló das 12 noite,ou ías a unha barra americana ou acababas no bar “Almas Perdidas”, o bar dos mariñeiros.

Antón Reixa, na súa casa de A Coruña. Casteleiro/Roller Agencia

–Despois da música chegóu o audiovisual. Outro salto na súa traxectoria, coa particularidade de que neste medio exerceu como artista e como empresario.

–Todo empezou coa videocreación e, outravolta, a deixarse levar pola marea! Nos comezos de Os Resentidos xa fixeramos unha performance, “Salvamento e Socorrismo”, e foramos uns adiantados dos videoclips feitos en Galicia. O caso é que, de súpeto, vinme convertido nun videoartista, cousa nova naqueles tempos. E ocorreu cáseque o mesmo que cos Resentidos: que ún empeza a facer cousas sin solemnidade,por divertirste, e vindo pasar os días véxome metido no mundo audiovisual, facendo programas na TVG como “Sitio Distinto”, dirixindo e producindo series como “Mareas Vivas”…e logo paso ao cine, cando Manuel Rivas “órdenóume”, nun xesto de xenerosidade e confianza pola súa parte, que me fixera cargo da versión cinematográfica de “O lapis do carpinteiro”…e nestas que andando o tempo vinme abocado ao que nunca antes se me ocurrira: ser empresario, cunha productora propia e todo.Ou sexa, que xa ficaba no meollo da industria audiovisual. Eu, que quería ser poeta!

–E desa vez xa creía que no audiovisual estaba o seu futuro?

–Desa vez si, pero desgraciadamente equivoqueime. Daquela non sabía que íanme pasar cousas que acabarían por facerme pechar as empresas. E iso que, xa digo, na senda da miña vida non estaba o de ser empresario. E teño que confesar que a un tipo coma mín, que sempre odiara a palabra patronal, pois, vaia…aconteceu que comecei a entender aos empresarios. Iso si, aos empresarios pequenos, como era eu.

–Explique iso de comprender aos empresarios.

–Pois mira. Para mín, que sempre me sentín artista, foi unha cura de humildade descubrir o labor dos productores. O productor é o encargado de conseguir os mellores medios para que o talento de outros saia adiante. E iso foi unha boa, malia que incómoda, escola: pasaba todo o día no despacho, atendendo centos de proxectos que me presentaban e pensando en todo o que tiña que conseguir para que se fixesen ainda que non foran “meus” proxectos.

"Presentarme á presidencia da SGAE foi o máis grande erro que cometín na miña vida. Quixen acabar con aquela mafia e tiven que saír dalí co lume no cú"

decoration

–O soño de Chano Piñeiro era que un día teríamos un cine galego de noso. Hoxendía temos actores e actrices, director@s, técnicos, premios, productoras…Estase a cumplir o soño de Chano ainda que dun xeito diferente do que el o soñaba?

–Eu coñecín a Chano e podo decir que era un visionario. Pero é verdade que, vivindo nun país de 2 millóns e medio de persoas, resulta que somos unha potencia no audiovisual, ata o punto de que estamos a conseguir entrar nos canles de internacionalización, os dos grandes, malia ter un mercado interno pequeniño.

–Estivemos falando ata o de agora daqueles anos felices, tanto os da movida coma os do audivisual, pero tamén hai que tocar partes negativas. Ainda hoxe está arrepentido de presentarse ás eleccións que o levaron á presidencia da SGAE?

–Iso foi o erro máis grande da miña vida! Nin hoxe sei por que me metín nese lío! Ata me embarquei nunha especie de campaña política para que me elixiran….e todo para logo saír dalí co lume no cú: durei catorce meses. É unha etapa da miña vida que prefiro esquecer.

–Pero teña un detalle: cóntenos algo do que pasou.

-Pasou que atopei cunha mafia e fíxenme o propósito moral de combatila, de acabar con todo aquelo. E fracasei, claro, porque resultou que incluso algúns membros da miña candidatura estaban nesa mafia. Do que non me arrepinto e de ter actuado dacordo co criterio ético da miña conciencia.

"O ictus, as dúas semanas en coma, o ter que ser hospitalizado con covid... pois claro que me cambióu: De feito, agora xa non me queixo tanto!”

decoration

–E máis desgrazas: o ictus, o accidente que o levou ao coma, o covid… Cando unha persoa pasa por experiencias coma esas, cambia a súa mirada sobre vida?

–Si que che cambia. No meu caso, a proximidade coa morte fixo me tomase a vida cunha paixón que non experimentara ata ese momento. E claro que te muda a mirada! Eu entendo que hai xente, á que lle pasaron cousas semellantes as miñas, que cae nunha especie de estado místico, pero a mín, xa digo, o que me fixo foi amarrarme con paixón á vida. Xa non me queixo tanto como antes!

-E en canto volve, as primeiras cousas que fai son publicar un poemario, refundar Resentidos e reconstituír o grupo poético Rompente. Anda Vde. na procura dun regreso a algo ou acaso na “busca do tempo perdido”?

–Ando á procura diso que se chamaba razón histórica. Se antes che decía que, se non tivera coñecido a Ferrín, sería unha persoa distinta, tamén che digo que débolle moito a toda aquela xente que rodeu Rompente e Resentidos polos momentos compartidos con amigos e amigas como Romón, Menchu Lamas, Avendaño, Antón Patiño…que foron os que acabaron de conformarme como persoa e como artista.

–De Vde., activo en varias facetas, é moi doado decir que é un “home poliédrico”, e sen embargo ha uns días escoitelle decir que, de todo o que ten feito e lle queda por facer, gustaríalle que lle recordasen sobre todo pola súa obra poética.

–Iso díxenno moitas veces. Se hai algo constante na miña vida é o de escribir poesía. É difícil que haixa un día no que non escriba un verso ou anote algunha idea sobre un poema. Paradóxicamente, a estas alturas resulta que esa é unha das facetas menos coñecidas de mín.

–Cousas que pasan. Pero imos rematar: quédanos algunha materia pendente?

–Pois non sei….pero isto quedounos moi filosófico, non?

Compartir el artículo

stats