Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xesús Alonso Montero Catedrático de Literatura, expresidente da Real Academia Galega

“Se me convencen, fágome nacionalista mañán mesmo”

“Non sei se Podemos ía a ser o PCE do século XXI, pero fomos moitos os vellos comunistas que tiñamos esperanza e agora ficamos decepcionados (...) A sociedade española debería estarlle agradecida ao Goberno de Sánchez polos indultos aos independentistas cataláns”

Entrevista a Xesús Alonso Montero, Catedrático de Literatura, expresidente  da Real Academia Galega

Xesús Alonso Montero, esta semana na súa vivenda de Vigo. Alba Villar

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor.

Xesús Alonso Montero, esta semana na súa vivenda de Vigo. Salvador Rodríguez

A piques de cumprir 60 anos de militancia comunista, Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) recíbenos no seu fogar, no que nos fai notar a presenza da fotografía emblemática do Che Guevara decorada polo seu fillo Emilio, recentemente finado, un retrato que lle fixo Luís Seoane e apuntes varios de Antonio Machado, de quen prepara un libro de próxima aparición. Por aí comezamos.

-O de que Vde. iniciouse no marxismo nunha “librería pornográfica” na que atopou un libro de Antonio Machado, é verdade ou unha lenda urbana?

-Si, é verdade, pero hai que explicala. En torno aos anos 1957/58, estando eu de catedrático en Santiago, había unha librería cunha trastenda na que se podían atopar dende libros eróticos ata libros políticos que estaban proibidos. Eu fun alí a ver se atopaba algo que me interesase e atopeime cun libro que contiña dous textos de Antonio Machado que estaban censurados en España. Un deles era unha carta que Antonio Machado dirixía en 1936 ás Xuventudes Socialistas e Comunistas unificadas e, o outro, datado en 1937, trataba de Pablo Iglesias, fundador do PSOE. Cando os lin, non só quedei de deslumbrado,senón que percibín a grandeza do socialismo.

-Nunha entrevista publicada en FARO hai catro anos, dixo que os nacionalistas galegos téñenno a Vde. por unha especie de “anticristo españolista”…

-Iso díxeno eu?

-Si, está publicado

-Debeu ser porque eu creo que durante décadas aínda non se deu entendido ben que unha persoa tan comprometida coma mín co meu país, e consecuentemente, coa língua e a cultura de Galicia, non sexa nacionalista. Pero os feitos están aí e eu levo demostrando o meu compromiso dende hai máis de cincuenta anos. E, permítame que me gabe a mín mesmo, pero non creo que haixa moitas persoas ao longo da Historia de Galicia tan comprometidos coa causa do idioma e a cultura galegas. Coido que iso deixeino ben claro ao longo de toda a miña biografia e bibliografía.

-É que semella que hai quen non lle perdoa que non sexa Vde. nacionalista.

-Seguramente. Pero tamén lle digo unha cousa: se a mín me convencen, fágome nacionalista mañán mesmo. Pero, iso si, teñen que convencerme, non basta con vencerme.

Xesús Alonso Montero, esta semana na súa vivenda de Vigo. Alba Villar

-Sendo de esquerdas e “españolista”, síntese só, como unha illa, dentro dun mundo cultural galego maioritariamente nacionalista?

-Non, non me sinto só. Estou acostumado a ser iso que chaman un verso libre, tanto na cultura como na militancia política. No mundiño cultural galego, hai xente coa que me levo moi ben e, outra, coma os independentistas, cos que apenas me levo, pero iso non é tanto por mín como por eles, que son bastante sectarios.

-Daquela, sentiríase a gusto con que o definisen como un nacionalista cultural?

-Non estaría mal. Pero nas definicións tan escuetas, como a que acaba de decir Vde., non sempre se recollen todos os matices. E abofé que hainos a esgalla. Porque, mire, eu non son nacionalista no sentido de que non son independentista, xa que non estou disposto a facer moitos esforzos para que iso se chama nacionalidade galega, coa súa lingua e coa cultura de seu, se convirta un día nun Estado. Iso é, básicamente, o que me diferencia dos nacionalistas. E porque, como todo bó comunista, tamén penso que cantas menos fronteiras haixa no mundo, mellor para todos.

-Entón, desta vez como galeguista, supoño que estará preocupado polo descenso do uso do galego, nomeadamente polos máis xóvenes. Ramón Villares decía, nestas mesmas páxinas, que os mozos non empregan a língua galega porque falar en galego aínda ten unha connotación política. Está Vde. dacordo?

- Ramón Villares é moi intelixentes, e se dixo iso…Pero non, non estou dacordo con el. Aquí pasa unha cousa: que, por primeira vez dende o século XII, todos os rapaces que viven en Galicia saben, mellor ou peor, falar en galego porque o aprenderon na escola ou no instituto. Agora ben, así como no século XIX a escola era fundamental, hoxe a dos colexios é un capítulo máis da súa formación. Os nosos fillos non só son fillos nosos, son fillos da sociedade e todo no que nela cabe: o fútbol, as discotecas, os botellóns…e alí, neses ambientes que están fora da escola, adóitase falar en castelán. Non, eu diría que a causa do descenso do emprego do galego na xuventude non está nas connotacións políticas, senón nas sociais.

Xesús Alonso Montero, esta semana na súa vivenda de Vigo.

Xesús Alonso Montero, esta semana na súa vivenda de Vigo. Alba Villar

-En 1969 publicábase, coordenado por Vde., un ensaio titulado “O porvir da língua galega”. Agora, en 2021, a língua galega que porvir ten?

-Nesta cuestión hai que facer fincapé en varios aspectos. Por exemplo, hai quen se gaba de que se publiquen moitos libros en galego, e iso está ben, pero eu prefiro determe noutro aspecto que é o de falar máis en galego, e non me refiro aos campesiños, aos labregos, aos obreiros, aos zapateiros…que o falaron sempre, senón ás persoas de clases sociais medias e altas. Eu son dos que pensan que unha fala se incorpora verdadeiramente á sociedade cando as súas clases sociais máis ricas, máis cultas e mellor posicionadas, falan galego, e iso non ocorreu aínda en Galicia, ao contrario que en Cataluña, por exemplo.

-Si, pero eu preguntáballe polo porvir.

-O porvir ten que ver con que as clases galegas acomodadas e cultas falen galego non só en actos oficiais, senón na súa vida privada. Aí é onde está solución. Porque a día de hoxe o galego está presente, si, pero de cada vez mais cunha presenza meramente litúrxica. Todos os nosos políticos e empresarios falan galego nos actos públicos, pero sabemos, e se lles nota, que nas súas casas e cos seus amigos non o fan.

-Daquela, que facer?

-Ah! Esa é a pregunta de Lenin que eu me fago tamén moitas veces. A resposta está na política. Se Galicia estivese gobernada, poñamos por caso, por un partido ou por unha coalición que estivera seriamente comprometida coa causa da língua galega, cousa que rara vez ocorriu, tal vez coa a aplicación dunhas medidas radicais, pero prudentes, o galego podería non só sobrevvir, senón incorporarse masivamente ao seu uso social.

-Pero Vde. sabe perfectamente que, nun significativo sector da sociedade galega, non gustaría nada iso de “impoñer” o uso do galego.

-Entre a palabra impoñer e a de propoñer hai unha grande diferencia. Ese goberno ao que me refiro, o que tería que facer son propostas, non imposicións. Pero, iso si, tería que propoñer con convencemento, con argumentos, con emoción…

60 ANOS DE MILITANCIA COMUNISTA

-É certo que, durante a clandestinidade como militante do PCE, Vde. moveuse por Europa cun pasaporte a nome de Alonso Quijano, é decir, do mesmísimo Don Quixote?

-É certo, relativamente. No verán de 1962, poucos meses despois de que eu me afiliase ao PCE, o Partido envioume a Moscova para asistir a un Congreso da Paz orgaizado polos soviéticos e que foi inaugurado por Kruschev.Para poder chegar alí, viaxei co meu pasaporte ata París e, alí, os comunistas franceses facilitáronme un pasaporte falso; cando me preguntaron que nome quería que puxesen, díxenlles, cervantófilo como eu era daquela o sigo séndoo agora, Alonso Quijano. Con esa identidade entrei e saín da URSS, pero ata aí chegou o conto, porque de volta de Moscova deixeille en París o pasaporte a un camarada e o documento acabou perdéndose para sempre.

-Que é ser comunista en 2021?

-Para respostar a iso hai que ter en conta o que é o capitalistamo de hoxe, é decir,unha ideoloxía planeticida cuio máis salientábel representante, Estados Unidos, ten no armamento a súa principal industria. O capitalismo é a expresión cultural máis mortal que pode haber e, nembargantes, ninguén fala mal del. Está ben claro que pola vía do capitalismo non imos chegar a unha sociedade humanista. E cal é a alternativa? Pois o socialismo ou, se queres, o comunismo, pero non exactamente o comunismo da Unión Sovietica, senón o de Gramsci, o dos eurocomunistas, etc.

-En que modelos habería que fixarse: Cuba Venezuela, China, Corea do Norte…?

-Cada un ten as súas características. Eu confeso que teño as miñas simpatías pola China actual, malia que, como humanista, abomino as dictaduras. Tamén lle digo que o de Corea do Norte é unha caricatura impresentable. De Cuba hai que loubar a súa milagreira existencia e, en canto a Venezuela, está ben claro que está a sofrer a desestabilización provocada por EE.UU.

-Cal é alternativa que hoxe ofrece o comunismo?

-O comunismo loita contra inxustiza social. A partir de aí é de onde hai que construír as alternativas axeitadas…

-E que mais…

-Deixémolo así

-Que fai un comunista/español defendendo os indultos aos independentistas cataláns?

-O que penso é que, esta vez, ata analistas moi sagaces non ven unha cousa que para mín é moi simple. E esta é que, se todo o mundo que lle dedicase un mínimo de atención imaxinase que, nesta tesitura, estivese a dereita no poder, de seguro que chegaría á conclusión de que as súas medidas alporizarían aos independentistas, agravarían a situación e ademáis sementarían independentismo entre xentes que neste momento aínda non se definiron. Por iso apoio os indultos, e digo ademáis que a sociedade debería estar agradecida a este xesto de Pedro Sánchez e do seu goberno. E dito isto, a mín paréceme evidente que Sánchez non lles vai dar independencia, no quere e ademáis non pode, por iso non se vai saír da Constitución na procura dun diálogo que dalgunha maneira faga que, alomenos, o conflicto se reduza, se minimice, o cal sería tan bó para Cataluña como para España.

-Está a aplicar o Goberno de Sánchez unha verdadeira política de esquerdas?

-O goberno de Sánchez está facendo cousas interesantes. Que se fai política de esquerdas? Ben, e que a tradición dende hai moitos anos do PSOE non é moi esquerdista que digamos, nen sequera levantaron un dedo a favor da República, o cal é grave, pero os que somos de esquerdas tamén debemos moderarnos nas críticas e, nese senso, é no que digo que se están a facer cousas interesantes.

-Como vello comunista: nalgún momento pensou Vde. que Podemos podía ser o PCE do século XXI?

-Confeso que, desde que Podemos e Esquerda Unida se uniron en coalición, voteinos, claro, como non podía ser menos. Non tiña nin teño claro que Podemos puidera ser o PCE do século XXI, pero en todo caso o que resulta evidente é que en Podemos había os suficientes elementos esquerdistas como para que persoas coma mín o tivesen en conta. E foi unha lástima o que sucedeu. E sucedeu, porque os seus dirixentes eran novos, xente de pouca experiencia, e probablemente porque entre eles houbo unha confrontación de egos. Podemos foi para a xente de esquerdas, algún deles vellos comunistas coa mín, unha esperanza, e despois unha decepción.

Xesús Alonso Montero, esta semana na súa vivenda de Vigo. Alba Villar

“A Ferrín ninguén o botou da Academia, marchou el”

decoration

-Vde. accedeu á presidencia da RAG despois de que, segundo decía Xosé Luís Méndez Ferrín, botáranno os que el chama “galeguistas profesionais”. Sentíuse aludido?

-Que foi botado?...así, con b?

-Si, eso foi o que dixo el.

-Non, non. A Ferrín non o botou ninguén, foi el quen dimitiu como presidente, e quen marchou da Academia.

-Que pasou entón?

-Pasou que, sen entrar en particularidades, durante a etapa de Ferrín cometéronse unha serie de irregularidades diante das cales certos académicos pedíronlle explicacións. E iso, seica pareceulle mal a el, que debeu de pensar que tiña que ter a unidade entusiasta de todos membros da RAG, pero non foi así. Tomouno moi a mal porque, ademáis, demostrouse que esas tales irregulariddes eran certas, o cal fíxolle non só deixar a presidencia, senón dimitir da Academia.

-E Vde.aproveitou para presentarse a presidencia?

- De ningunha maneira. Mire, eu daquela pensaba en ser presidente da RAG como podía pensar ser presidente de Tailandia. O que pasou foi que algunhas persoas da Academia viron a falar comigo e, fose polo que fose, animáronme a que me presentase, cousa que fixen facendo un grande esforzo. Pero tamén recordo que cando Ferrín ía a dexixar a súa medalla de académico, fun eu quen o animou para que continuase, pedínlle que o pensara ben, que aquelo era pecata minuta e axiña se esquecería…pero obviamente non me fixo caso.

Compartir el artículo

stats