Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

SPUTNIK

QANON (1)

Jake Angeli, uno de los miembros más famosos del QAnon

Detectei que unha das consecuencias da pandemia é o cambio na percepción que temos do tempo. É coma se a liña temporal que rexe as nosas vidas estivese alterada. Coma se a marea de datos de contaxios, ingresos en hospitais, falecementos, persoas vacinadas coa primeira dose, a segunda dose, novas cepas, etc., estivese a formar un caos nos nosos cerebros. Iso sumado ao tempo que pasamos pechados na casa. Talvez sexa simplemente que precisamos aire puro, a compaña dos nosos seres queridos. A vida. Ou o que era a vida antes. Onte cumpriuse un mes do asalto ao Capitolio e eu teño a sensación de que sucedeu hai séculos.

Moita xente non escoitara falar de QAnon antes do 6 de xaneiro de 2021. As pantallas e os xornais enchéronse de fotos onde aparecía unha letra Q: na roupa dos asaltantes, nas bandeiras, nas súas mans... Que significa ese Q? Para explicalo hai que remontarse á era prepandémica. Un usuario chamado “Q Clearance Patriot”, fixo aparición nun foro popular en internet chamado 4Chan afirmando ser un funcionario do goberno de EE.UU con acceso a información clasificada. De feito, o termo QAnon deriva da suma de Q (máximo nivel de seguridade) e -Anon-, primeiras letras da palabra “anónimo”.

Evacuado el Capitolio por el asalto de seguidores de Donald Trump

Evacuado el Capitolio por el asalto de seguidores de Donald Trump Vídeo: Agencia ATLAS

Entre outras cousas, “Q Clearance Patriot” afirmou que Hillary Clinton estaba a piques de ser arrestada. Puxo sobre a mesa unha suposta conspiración chamada Pizzagate, e advertiu que Hillary Clinton formaba parte dunha rede de pedofilia á que tamén pertencían outros políticos, coma Jon Biden ou Barak Obama, por citar algúns, ou relixiosos coma O Papa Francisco ou o Dalái Lama. En resumo: os seguidores de Qanon defenden que o mundo está gobernado por unha rede de pedofilia e adoradores de Satán, que conspiraban contra Trump. “Q Clearance Patriot” situou o suposto epicentro desa rede de pedofilia e tráfico de menores nunha pizzería de Washington D.C. chamada Comet Ping Pong.

  • Twitter ha suspendido más de 70.000 cuentas con contenido sobre QAnon

    Muchos de los perfiles se dedicaban a compartir contenido de la conocida teoría de la conspiración

Como nace esta conspiración? Do xeito máis fortuíto e aleatorio posible: o xefe da campaña de Hillary Clinton respondeu á pregunta dun amigo sobre como preparar unha cheese pizza. No foro 4Chan, varias persoas afirmaron que, en realidade, cheese pizza era un código secreto para referirse a child pornography, amparándose en que ambas expresións empezan polas mesmas letras (c.p). Esta información falsa empeza a circular polo foro e defórmase ata o punto de relacionar a Comet Ping Pong cunha secta satánica, xa que no anuncio do local aparecen unhas lúas e ese símbolo está tamén nalgunha representación do diaño. Ademais, difunden que o local ten un soto onde se abusa de nenos que teñen secuestrados, ao tempo que se practican ritos satánicos.

A consecuencia de todo isto, un home de 28 anos chamado Edgar Maddison Welch, viaxou desde Carolina do Norte ata Washington armado cun fusil de asalto, unha pistola e gran cantidade de munición. A súa intención era entrar na pizzería e liberar a un grupo de nenos que, supostamente, estaban retidos. Edgar entrou no local, apuntou cunha das armas ao dono e esixiulle ver o soto. Resultou que na Comet Ping Pong non había ningún soto. Edgar abriu fogo disparando ao teito. Minutos despois, foi detido.

O asesor de Donadl Trump, Michael Flynn, contribuíu a difundir os disparates de QAnon relacionados co pizzagate escribindo en Twitter: “ata que se demostre que o Pizzagate é falso, seguirá sendo noticia”. A realidade é que todo isto puido ter como desenlace unha verdadeira masacre. Durante o xuízo contra Edgar Maddison, que rematou cunha condena de catro anos de prisión, o acusado desculpouse polo sucedido.

Mais a teoría da conspiración non remata no pizzagate. QAnon foi bebendo doutros grupos que afirman que existen os ovnis, que hai unha realidade oculta sobre o que sucedeu o 11-S, outra sobre o asasinato de John F. Kennedy... Tanto é así, que parte dos seguidores de QAnom, acabaron asaltando o Capitolio.

(continuará...)

Compartir el artículo

stats