Profeplas acadaba en pouco tempo un dos seus obxetivos prioritarios, ser un referente a nivel nacional en termoplásticos. Destacan na fabricación e montaxe de todo tipo de estructuras de materiais termoplásticos dirixidos tanto a particulares como á industria, e dispoñen de soldadores homologados segundo a prestixiosa norma alemana D.V.S. Cuba, Afganistán, Irán, Arabia Saudí, Guinea, Ecuador, Portugal ou Inglaterra, son algúns dos países nos que a marca dezá ten presenza. Son distribuidores oficiais de Paneltim, que comercializa paneis de sándwich de plástico de calidade superior destinada a uso no sector agrícola, industrial e hixiénico.

En Codigolens buscan a solución ideal para cada caso na procura das lentes. A firma lalinense, respaldada pola prestixiosa marca de Multiópticas, dispón dun amplo catálogo de monturas das mellores marcas tanto de vista como de sol. RayBan, Oakley, Emporio Armani, Arnette, Polo Ralph Laurent, Vogue, Karl Lagerfeld, Lacoste, Rodenstock, Missoni, Zero Rh+, Yves Saint Laurent, Agatha Ruiz da Prada, Levis, Fila, Police, Mr. Wonderful, Guy Laroche... Ofrecen un asesoramento estético personalizado, tanto que a partires dunha foto do teu rostro, a túa receita e as túas necesidades, poden darche unhas pautas para que a elección da túa lente sexa perfecta. Dende hai anos colabora co SERGAS coa finalidade de reducir as listas de espera na área de oftalmoloxía.