David Campos, fillo do homenaxeado neste ano en Santa Marta, tomou o relevo de Amalio González na lectura do discurso do pasado 29 de xullo para agradecer aos organizadores este recoñecemento:

"Boas noites a todos. En primeiro lugar quero dicir que é unha honra estar aquí, nesta celebración, pronunciando estas verbas en nome de toda a miña familia e en representación do meu pai. Gracias a toda a organización por permitirme facelo e, en especial, gracias ao señor Amalio, pois sei que é él a persoa que normalmente se ocupa de esta parte.

Cando hai dous meses me propuxeron esta homenaxe ao meu pai, para ser sinceiro, estiven dubidando bastante se aceptalo no seu nome ou non. Os motivos non eran si o merecía ou non,nin quen ofrecía a homenaxe, pois é unha honra que a hostalería deste pobo pensara nel, nin sequera por nós, a súa familia ... o único motivo desta dúbida era él, era meu pai. Pensei en qué faría él se estivese aquí e llepropuxesen para este precioso acto. Estou absolutamente seguro que él crería que non o merecía, e tamén estou seguro que pediría á organización que buscasen a outro que realmente sí o merecese. Meu pai, Ovidio, era unha persoa que aínda que podía presumir de ter feito moitas causas na vida, e a maioría delas ben (ou moi ben), nunca presumía de nada e non lle gustaba destacar. Era unha persoa discreta e que pasaba totalmente desapercibida salvo para todo aquel que o necesitase (que para eso sempre estaba), ou para xogar ás cartas (no que era o mellor).

Cando se anunciou na prensa esta homenaxe todos os meus amigos de verdade se puxeron en contacto conmigo, coa miña irmá e, por suposto, coa miña nai para felicitarnos por este recoñecemento á figura do meu pai, pero tamén o fixeron moítisimas persoas que o coñeceron e que, de corazón, se alegraron de que se lIe dedicase este acto. A todos eles, moítisimas gracias. As vosas verbas nos chegaron ao corazón e foron uns días moi emocionantes para nós.

Como a maoría dos que estades aquí saberedes, meu pai era orixinario de Dozón (da Lagoa). A vida por estos lares e nesas épocas non era sinxela e él, coma moitos outros da zona, e a unha idade moi nova, emigrou a Venezuela. AIí estivo moitos anos. Alí montou unha pequena empresa co meu padriño Adolfo, tamén emigrante. AIí coñeceu á persoa que sería o seu maior apoio toda a súa vida, miña nai. AIí casou con ela e, creo, alí me fabricaron a min. Nese tempo comezaba o regreso a casa. Cos aforros conseguidos traballando arreo en Venezuela comezaba a vida empresarial do meu pai en Lalín. Esta primeira parte da súa vida nesta volta á casa é a que nos trae hoxe aquí. A cafetería e, sobre todo, a sala de festas Campos, axudaron a marcar unha época da vida nocturna en Lalín como non se recorda outra igual. Seguramente tamén foi pala cantidade de locales de calidade que comezaron a abrir despois dese momento na vila e, por qué non dicilo, porque eran outros tempos. Ás tardes/noites dos sábados e os domingos centos de persoas abarrotaban a sala de festas. En moitas ocasións había grupos musicais e orquestras en directo, outras veces eran "pinchadiscos" (que non DJ's) os que axudaban a amenizar as fines de semana do pobo. A esto uníanse festas temáticas, sorteos mesmo ata de de coches nalgunha ocasión e, sobre todo, un trato profesional, cercano e moi humano por parte de todos os que alí traballaban e, por suposto, por parte de meu pai.

Tamén pasaron pola sala de festas artistas de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional como Lola Flores, Manolo Escobar, Massiel, Camilo Sesto e moitos outros, que acompañaron á xente de Lalín na Discoteca Campos. Hai numerosas anécdotas con moitos destos artistas pero a que máis recordo eu é con alguén que non veu a actuar na sala de festas: Sancho Gracia, que estaba en Lalín para dar un pregón e coñeceu a meu pai na sala de festas. Os dous fixeron boas migas e quedaron ao día seguinte para tomar algo. Meu pai indicoulle onde vivíamos e díxolle que timbrara alí. No momento en que sonou o timbre estábamos na casa a miña irmá Sonia e eu. Miña irmá colleu o telefonillo. Reproduzo textualmente á conversación que escoitei eu:

¿Diga?/Buenos días. ¿Está el señor Ovidio?/Pues no, no está. ¿De parte de quien?/ Soy Sancho Gracia/Anda ya!!! Clock. Eu preguntei quén era. Ninguén, un graciosillo, dixo a miña irmá.

Había algo do que se falaba moito naqueles tempos da Discoteca Campos. Unha persoa recordou este feito cunha mensaxe cando publiquei a noticia nas redes sociais que o describía perfectamente. "Este home casou e xuntou máis parellas que algún cura". Efectivamente, os sillóns que rodeaban as duás pistas da discoteca, tanto a de arriba coma a de abaixo, eran un lugar de "culto" no que moitas parellas iniciaban a súa relación ou mantiñan a chama acendida. Seguro que moitas destas parellas, hoxe en día, teñen moito que agradecerlle, ou non, depende de cómo lIes fora, a aquela parte con luz tenue da discoteca. Foron moitos anos adicado, entre outras cousas, a estos negocios, moitas alegrías nos bos tempos do negocio, e sinsabores e tristura cando o negocio esmoreceu e, finalmente, pechou.

Crédeme que sei que foron moitos anos porque a miña irmá e máis eu escoitábamos perfectamente a música da discoteca dende as nosas camas dous pisos mais arriba. Coma vos dixen ao principio, seguro que o meu pai non estaría do todo cómodo nesta situación, pero podo asegurarvos que para a miña nai Elisa, para a miña irmá Sonia, para o meu padriño Adolfo, o seu irmán, para min e para o resto da súa familia este é un momento moi emotivo e non podo máis que, en nome de todos eles e, por suposto de meu pai, darvos as gracias a todos por este recoñecemento.

Moitas Gracias a todos por estar aquí, gracias á fantástica hostalería desta vila que mellora e crece profesionalmente día a día, gracias especiais á organización por acordarse do meu pai e por recoñecer a súa labor, e viva Santa Marta.