Oe+ Centros Auditivos ven de ofrecer un novo servizo aos seus clientes. Este servizo, chamado Audioloxía In Situ, ofrece a posibilidade de revisar a audición do cliente no seu propio domicilio, sen necesidade de desprazamentos.

Esta nova posibilidade ofrécese a aqueles particulares que necesitan unha revisión auditiva ou ben un axuste dos seus audifonos e non poidan desplazarse ate algunha das clínicas de Ordes, Lalin ou Cee.

A audióloga Melania Osinde, responsable deste novedoso servizo, fálanos del:

"Audioloxia In Situ xurde para dar cobertura a unha necesidade que vimos detectando dende xa hai varios anos nalguns dos nosos clientes. Dada a lonxevidade que hoxe en día acada a poboación na comunidade galega, é habitual que xurdan problemas de movilidade ou outro tipo de achaques que lles dificultan en gran medida ou lles impiden acudir a unha revisión connosco. A ausencia dun vehículo adaptado no domicilio do cliente ou a carestía que pode supoñer contratar un servizo de transporte como e unha ambulancia (para usuarios que están encamados) ou taxis adaptados é a principal razón para que non se produza unha visita ao centro auditivo."

Os clientes adultos, de calquera idade, que necesiten revisar a sua audición, valorar se hai tapóns de cera, ou ben reaxustar os seus audífonos e por unha razón xustificada non poidan desplazarse ate a clínica, contan xa con esta posibilidade de visita domiciliaria.

Ademáis anuncian que a nova técnica que xa veñen aplicando denden principio de ano, coñecida como adaptación con Psicoacústica, tamén será ofrecida para realizar no domicilio do cliente.

Con esta técnica consiguese unha importante melloría no rendemento dos audífonos, sen necesidade, na maioría dos casos, de ter que sustituilos por uns novos.

Profesionalidade e experiencia para garantir a calidade

Oe+ Centros Auditivos é unha empresa 100 % galega que ofrece unha gran carteira de servizos e produtos vinculados coa audioloxía. O equipo de Oe+ Centros Auditivos traballa día a día para ofrecer aos seus clientes un servizo integral dentro do sector da audición e coñecer todas as innovacións e novas técnicas da audioloxía.

Con presenza en Cee dende o ano 2007, en Lalín dende o ano 2013 e en Ordes dende o ano 2015 Oe+ Centros Auditivos son xa un referente na consulta, prevención, detección e o tratamiento de todas as necesidades que xorden en relación coa protección e mellora da saúde auditiva.

A profesionalidade e compromiso do equipo que conforma a plantilla da empresa garante a calidade de todos e cada un dos tratamentos e servizos que ofrecen.