Cando un amobla o seu fogar, busca sentirse a gusto nel e que a súa personalidade estea presente. Isto é o que se consegue, precisamente, ao achegarse a Ideate Decor con este propósito. E é posible porque esta firma lalinense aposta polas máis recoñecidas marcas do sector e ofrece, en todo momento, unha atención individualizada que comeza escoitando a necesidade do consumidor e termina propoñendo distintas solucións. Propoñendo e encargándose, ademais, do proxecto integral de mobiliario ou decoración.

En Ideate Decor levan a cabo proxectos integrais de decoración e reforma. Nestes traballos eles encarganse de todos elementos e detalles que interveñen tanto en calquera tipo de vivenda ou local xa construído,como en obra de nova construcción. Gracias ao seu asesoramento e ao traballo in situ por parte dos seu equipo profesional, Ideate Decor é participe de todo o proceso, garantindo así a satisfacción final do cliente e cumplindo as súas expectativas cunha porcentaxe de éxito rotunda.

Así mesmo, desde a firma dezá, ubicada na rúa Corredoira de Lalín, tamén dan vida a grandes ou pequenas ideas decorativas; xa sexa a través de mobiliario, iluminación, papeis decorativos, alfombras, cadros€

Son especialistas en todos os estilos, dende o máis clasíco ata ambentes máis contemporáneos, minimalistas, industriais, bohemios ou rústicos. Somentes teñen que deixar voar a creatividade.