Lalín está de celebración. Dende hoxe ate o vindeiro martes, a capital de Deza vestirá as súas mellores galas nunha nova edición das festas patronais na honra da Virxe das Dores. Lalinenses e visitantes poderán disfrutar dun variado programa elaborado a base de duro traballo a cargo da comisión de festas, unha comisión encabezada por José Luis Romero.

A música, protagonista

Se algo caracteriza o cartel elaborado na edición deste ano é a ampla oferta musical. Esta mesma noite terá lugar o chupinazo e a lectura do pregón, e posteriormente os asistentes poderán disfrutar da primeira xornada festiva coas actuacións dos grupos Burning, Astarot, Os Vagos, a orquestra La Ocaband e DJ Ole Costa.

Na xornada de mañá actuarán o grupo Treixadura, Xose Liz, a Banda de Gaitas os Dezas de Moneixas, Carballo da Manteiga, a Banda A Lira de Prado, as charangas Mecánica e Ardores e a discoteca móbil Chocolate.

Para o domingo están contemplados, como xa é costume, os diversos actos litúrxicos. No eido musical actuarán os A Última Lexión e Dilema, a Banda da Brilat e a Banda de Música Municipal de Lalín, as formacións Trasnos de Doade e Repinicando, a charanga KM 0 e a discoteca móbil Eme Music.

A verbena do luns día 23 estará amenizada polas orquestras Panorama e O Combo Dominicano. Tamén ofrecerán sendos concertos neste día a Banda de Vilatuxe, as formacións Carballeira de Cercio e Festicultures e a charanga Leña Verde.

Os asistentes a última xornada de festa, o martes 24, poderán gozar coas actuacións da orquestra París de Noia, o grupo Claxxon, a Banda de Muimenta, o grupo Os Xuncos e a charanga Os Verbeneros.

Non faltarán as actividades deportivas, entre as que destacan a IV Carreira Solidaria, que terá lugar hoxe mesmo. Trátase dunha competici´pon que ten como finalidade a colaboración coa Cruz Roja, mediante a recadación das inscripcións dos participantes. Contan, ademáis,coa colaboración de Abanca coma un dos principais patrocinadores.

Ubicacións

Unha das principais novidades será a ubicación dos espectáculos. O máis destacable é a decisión de que as verbenas nocturnas a cargo das orquestras sexan no Campo da Feira Vello.

A mocidade será a outra grande protagonistas dos festexos deste ano con varias actividades dedicadas á mesma. A principal aportación deste ano foi a levada a cabo por Nicolás Hermida, Adrián Vázquez e Rubén Fontán coa proposta da celebración da primeira edición da Festa das Penas. Esta celebración terá lugar hoxe e mañá, e conntará con diversos premios. Serán Os premios que se outorgarán son: 300 euros para a pena que máis bares percorra no roteiro, 150 euros para a que máis integrantes teña e 50 euros para a que leve a camiseta máis orixinal. O obxectivo é conseguir que mozos da zona coñezan diversos locais lalinenses. En concreto, hai un total de 40 establecementos participantes. Tamén haberá a I Batalla de Galos, xogos con auga, a festa holy, parkour e música de djs.

Cartel

O cartel anunciador das festas patronais de Lalín foi elaborado pola artista local Sé Senande. A súa obra reflicte o día e a noite das festas. Por un lado está a imaxe da igrexa de Lalín para facer referencia ás festas patronais. No fondo da ilustración estñan represntados xóvenes e adultos de todas as idades. "Tamén quixen facer un guiño á carreira solidaria incluíndo a imaxe dunha muller corredora". Cabe recordar que Senande xa fora a autora do cartel das festas hai dous anos, e que entre os seus traballos destacan diferentes postais, as últimas, sobre o Camiño de Inverno ao seu paso pola cabeceira comarcal dezá.